Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 243

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Ciencias Xurídicas, a Fernando José Lorenzo Merino.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por Resolución da Universidade de Vigo de data 15 de decem

bro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo, a prol de Fernando José Lorenzo Merino, DNI nº 36.916.835, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribución conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando José Lorenzo Merino catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Ciencias Xurídicas desta Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de decembro de 1994.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo