Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 235

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1994 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (94/057 e sete máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cumpren os seguintes requisitos xerais:

a) Te-la nacionalidade española ou a de calquera país membro da Unión europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os sesenta e cinco anos de idade.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autonómica, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psiquíco que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de estaren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade os que estivesen contratados durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, agás as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso remitirán a correspondente solicitude ó rector da Universidade da Coruña, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo modelo anexo II, debidamente cuberto, xunto coas documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, segundo se detalla a seguir e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 pesetas (400 pesetas en concepto de formación de expediente e 1.100 por dereito de exame); licenciados, 1.340 pesetas (240 pesetas en concepto de formación de expediente e 1.100 pesetas por dereitos de exame); diplomados, 1.260 (160 pesetas en concepto de formación de expediente e 1.100 pesetas por dereitos de exame).

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución, os interesados poderán presentar

reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto da súa constitución.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, a hora e o lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da Universidade, no prazo de quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións autonómicas, en virtude do expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requsitos, e deberán presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 21 de decembro de 1994.

Jose Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/057.

Corpo: Profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: tecnoloxía do medio ambiente.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en enxeñería sanitaria e ambiental.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/058.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería da construcción.

Departamento ó que está adscrita: tecnoloxía da construcción.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en formigón armado e pretensado.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/059.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería e infraestructura dos transportes.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en ferrocarrís.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/060.

Corpo: profesor titular de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: socioloxía e ciencia política da admón.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en poboación e ecoloxía humana.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/061.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: filoloxía española e latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en literatura española (séculos XVIII, XIX e XX).

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/062.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: filoloxía española e latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en gramática española.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/063.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que coresponde: metodoloxía das ciencias do comportamento.

Departamento ó que está adcrita: psicoloxía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en metodoloxía observacional.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 94/064.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xeodinámica.

Departamento ó que está adscrita: ciencia dos materiais e náuticas maq. e mot.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en xeoloxía dos ambientes sedimentarios.

Clase de convocatoria: concurso.