Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 232

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 19 do decembro de 1994 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4 da mesma lei,

Esta consellería resolve:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15703 Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 22º do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicárselle-los postos para os que foron seleccionados. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, os/as funcionarios/as seleccionados/as non se puidesen incor

porar á Comunidade Autónoma, consideraranse desertos o/s posto/s e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto/s o/s posto/s de traballo.

Sétimo.-O prazo da toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e de un mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no apartado quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1994.

José Cuiña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda