Consonte ca proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por Resolución da Universidade de Vigo de data 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, a prol de Adolfo Cordero Rivera, DNI número 35.295.817, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Adolfo Cordero Rivera profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, desta Universidade de Vigo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de llo comunicar a este rectorado, interponer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 13 de decembro de 1994.
Por delegación R.R. 2-12-1994
José Tojo Suárez
Vicerrector de Investigación