De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por Resolución desta universidade do 20 de xaneiro de 1994 (BOE do 4 de febreiro de 1994), para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Margarita María Isabel Burguera González, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Margarita María Isabel Burguera González profesora titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1994.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela