Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade á concesión do título de agrupación de defensa sanitaria, á constituída co nome ADS Coruña-Centro, en Herves-Carral.

Presentada a solicitude de cualificación de agrupación de defensa sanitaria por parte da ADS Coruña-Centro e unha vez cumpridos os requisitos esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a Orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral

RESOLVE:

Concederlle a cualificación de agrupación de defensa sanitaria á constituída en Herves-Carral coa denominación ADS Coruña-Centro.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias