Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública e urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo establecemento das instalacións eléctricas que se citan (Expediente IN407A 20-3/1994 A.T).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo a efecto de notificacións na cidade da Coruña, rúa Fernando Macías, nº 2, solicitando a declaración de urxente ocupación de bens e dereitos necesarios para impoñe-la servidume de paso de enerxía eléctrica para o establecemento e subseguinte explotación das instalacións que se describen de seguido:

Expediente IN407A 20-3/1994 A.T.-Liña para transporte de enerxía eléctrica a 132 kV de dobre circuíto, nomeada Salas-San Cibrao á subestación de Barbaña, aérea no seu primeiro tramo de 2.274 m de lonxitude, en conductor aluminio-aceiro tipo LA 455 sobre apoios metálicos; o segundo treito, de 3.070 m de lonxitude, será soterrado ata a subestación de Barbaña en Ourense cidade. A dita instalación foi autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Dirección Xeral de Industria, da Consellería de Industria e Comercio, do 7 de novembro de 1994.

A relación concreta e individualizada dos interesados cos que a sociedade peticionaria non logrou acadar acordos para a súa adquisición ou indemnización amigable publicouse no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 276, do 2-12-94, e no diario local La Región do 8-12-94.

O que se fai público coa finalidade de que calquera persoa, no prazo de información pública e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación, poida aporta-los datos precisos para corrixir posibles erros, e tamén para que os interesados poidan formular alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, por escrito triplicado que deberán presentar nesta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1, no prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio ou dende a data en que reciban a notificación que se lles practica individualmente.

Os interesados poderán pedir, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os máis datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens e a forma en que lles afecta a servidume.

Ourense, 15 de decembro de 1994.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense