Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 32

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACORDO do 17 de novembro de 1994, da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se anula a convocatoria da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de producción animal e do departamento de Anatomía e Producción Animal (número 1.222/1994).

Acordada pola Xunta de Goberno, na súa sesión do 17-11-1994, a anulación da praza de catedrático de universidade número 297 da área de coñecemento de producción animal e do departamento de Anatomía e Producción Animal, creada en Xunta de Goberno de data 26 de maio de 1994, e convocada a concurso por resolución rectoral da Universidade de Santiago de Compostela do 15 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xuño) co número de referencia 1.222/1994.

Este rectorado, en aplicación do devandito acordo, resolveu anula-la dita praza de catedrático de universidade e, en consecuencia, deixar sen efecto a resolución rectoral da Universidade de Santiago de Compostela do 15 de xuño de 1994 pola que se convocaba a dita praza.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1994.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela