Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 13

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 84/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Gres, con domicilio en Vila de Cruces, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Penedos, concello de Vila de Cruces, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Eléctrica de Gres a instalación de unha R.B.T. en Penedos, concello de Vila de Cruces.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 18 de novembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra