Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se anuncia o procedemento para a compra, por concurso, dun inmoble no concello de Monforte de Lemos con destino a oficina de emprego.

1. Entidade adxudicadora.

Xunta de Galicia. Consellería de Facenda e Administración Pública.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: compravenda.

Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa (segundo características e localización conforme o prego de condicións) no concello de Monforte de Lemos, de entre 562 e 850 m2 construídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 200.000 € (máis impostos).

5. Obtención de documentación e información.

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda e Administración Pública.

Rúa da Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51.

Páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos

Correo electrónico: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal

6. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o mes seguinte á publicación deste anuncio.

Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas.

Data: 22 de novembro de 2021.

Hora: 11.00 horas.

Lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda e Administración Pública, en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública