Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47778

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (SI429A).

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, do 31 de xullo de 2017, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 148, do 4 de agosto).

O artigo 22 da Resolución do 31 de xullo de 2017 establece que para a xustificación das axudas concedidas, as beneficiarias presentarán, con data límite do 1 de decembro de 2017, a documentación que se indica no número 2 do mesmo artigo. Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de tramitación, e co fin de optimizar os procesos de xestión e tendo en conta que non se causa prexuízo a terceiras persoas, procede modificar o dito artigo 22, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte das beneficiarias.

Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o punto 1 do artigo 22 (prazo e xustificación da subvención) da Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017, que queda redactado como segue:

«As beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da subvención concedida coa data límite do 29 de decembro de 2017».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade