A Resolución do 8 de xuño de 2017 establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e procédese á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848C).
No seu artigo 6 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes previstos para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Actualmente, nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible procedente da Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o número total de axudas convocadas.
Polo que antecede,
RESOLVO:
Artigo 1. Ampliación do financiamento
Ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2017 da Resolución do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848C).
Na táboa seguinte detállanse os créditos definitivos:
Beneficiarios |
Aplicación |
Código do proxecto |
Crédito inicial para a anualidade 2017 |
Crédito definitivo para a anualidade 2017 |
Empresas |
09.A3.561A.470.0 |
2016 17 |
700.000 € |
1.700.000 € |
Organismos de investigación |
09.A3.561A.480.0 |
2016 17 |
400.000 € |
400.000 € |
Total |
1.100.000 € |
2.100.000 € |
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación