Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 29819, no artigo 7 punto b) ii), onde di: «e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 30.1», debe dicir: «e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 30».
Na páxina 29820, no artigo 8 punto 2 a), onde di: «a) Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas no anexo I desta orde», debe dicir: «a) Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas no anexo I e no anexo II desta orde».
Na páxina 29843, no artigo 23 punto 1, onde di: «a que se refire o artigo 20», debe dicir: «a que se refire o artigo 21».
Na páxina 29853 no anexo II, engádese «B20 Carballo americano Quercus rubra».
Na páxina 29854, onde di: «(*) Só para as superficies que conforme as epígrafes c), d), e) e g) do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia que quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias», debe dicir: «(*) Nas superficies que conforme as epígrafes c), d), e) e g) do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias».