Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia procedemento de concurso público para a concertación dun alugamento no concello de Ribadavia para dependencias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: arrendamento.

Finalidade: inmoble para arquivo do Museo Etnolóxico.

Descrición do obxecto: inmoble en planta baixa, dentro do concello de Ribadavia ou dos concellos limítrofes, cun límite máximo de distancia de 5 km de raio desde as instalacións do Museo Etnolóxico, na rúa Santiago, 10, de Ribadavia, dun volume mínimo de 2.700 m3 e cos demais requisitos previstos no prego de condicións.

3. Procedemento:

Concurso público.

4. Tipo de licitación:

Dous mil euros (2.000 €) mensuais máis o IVE.

5. Obtención de documentación e información:

Consellería de Facenda. Subdirección Xeral do Patrimonio. Rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 41 51. Fax: 981 54 58 70. Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@xunta.gal.

Páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos.

6. Presentación das ofertas:

O prazo para presentar as ofertas será dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera dos lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro. No suposto de que se presenten as ofertas en lugares diferentes do Rexistro Único, deberá remitirse o mesmo día da presentación á Subdirección Xeral do Patrimonio un telegrama, fax ou telefax ao número 981 54 58 70 ou un correo electrónico ao enderezo pablo.viano.lorenzo@xunta.gal, indicando que se presentou a oferta e o lugar da súa presentación. No caso de non recibir esta comunicación, non serán admitidas as ofertas presentadas.

7. Apertura das ofertas:

Data: o quinto día hábil seguinte ao da conclusión do prazo fixado para a presentación de proposicións.

Hora: ás 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa da Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio:

Os gastos que orixine a publicación dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda