Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19153

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de abril de 2017 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2017 e se procede á súa convocatoria.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 17 de abril de 2017, cómpre realizar a oportuna rectificación:

No anexo I A. Campamentos de verán 2017-Xeral, na páxina 17773, na data correspondente á actividade Explora O Courel, na instalación Albergue Municipal Quiroga, onde di: «1-8/07», debe dicir: «11-18/07».