Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17047

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Este ano o programa diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, ofrece un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de pór en marcha novas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara a adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo a persoa participante un papel activo no proceso de aprendizaxe, a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, ao mesmo tempo que se lle ofrece a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

Esta modalidade permite achegar as actividades da escola a un maior número de empregados/as públicos/as, especialmente a aqueles/as que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non poden optar á modalidade presencial.

O que se procura é a maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos. Ademais, no actual escenario orzamentario é particularmente interesante organizar actividades formativas que, comparadas coas tradicionais, resultan economicamente vantaxosas e de amplo alcance.

Por todo isto, e en execución do Plan de formación 2017 da EGAP, convócase o Programa de autoformación cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

O persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe participar no Programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e que as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

As probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública. Na súa virtude,

RESOLVO:

Convocar os contidos e as probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. As actividades do Programa de autoformación: contidos

1. As actividades do Programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF17001

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia-contidos

AF17003

As subvencións. Regulación estatal e autonómica-contidos

AF17005

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-contidos

AF17007

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise-contidos

AF17009

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-contidos

AF17011

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-contidos

AF17013

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa-contidos

AF17015

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público-contidos

AF17017

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia-contidos

AF17019

A Administración electoral: o papel das administracións galegas-contidos

AF17021

Estatuto básico do empregado público-contidos

AF17023

A reforma parlamentaria. Os cambios legais e regulamentarios-contidos

AF17025

O impulso democrático en Galicia: medidas lexislativas-contidos

AF17027

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-contidos

AF17029

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-contidos

AF17031

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-contidos

AF17033

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-contidos

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF17035

Cooperación transfronteiriza e cohesión-contidos

AF17037

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-contidos

AF17039

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas-contidos

AF17041

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control-contidos

AF17043

Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos-contidos

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF17045

Cambio e motivación nas organizacións-contidos

AF17047

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-contidos

AF17049

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-contidos

AF17051

Básico en prevención de riscos laborais-contidos

AF17053

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-contidos

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF17055

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos-contidos

AF17057

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos-contidos

AF17059

Seguridade dixital a nivel de usuario-contidos

AF17061

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-contidos

AF17063

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-contidos

Plan formativo ofimático de Galicia

AF17065

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-contidos

AF17067

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)-contidos

AF17069

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)-contidos

AF17071

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-contidos

AF17073

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)-contidos

AF17075

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-contidos

AF17077

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (LibreOffice Impress)-contidos

AF17079

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)-contidos

AF17081

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)-contidos

AF17083

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)- Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Todos os empregados públicos e as empregadas públicas destinados nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, poden acceder aos contidos das actividades do Programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2017.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do Programa de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro de 2017.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <http://egap.xunta.gal/aulavirtual>.

6. O acceso aos contidos das actividades do Programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do Programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

ANEXO II
Bases

Primeira. As probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación: participación

1. Poden participar nas probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación os empregados públicos e as empregadas públicas, destinados nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, que non se encontren en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, de excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entenden por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Toda persoa solicitante que o día de realización da proba se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da lista do persoal seleccionado.

Segunda. As probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación que se convocan de acordo co previsto na seguinte táboa:

Código

Edición

Actividade

Prazas

Horas certificadas

Data da proba

Hora de inicio da primeira quenda

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF17002

T01

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia-proba de avaliación

100

18

12.7.2017

16.00 h

AF17002

T02

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia-proba de avaliación

100

18

19.9.2017

9.00 h

AF17004

T01

As subvencións. Regulación estatal e autonómica-proba de avaliación

100

40

13.7.2017

11.00 h

AF17004

T02

As subvencións. Regulación estatal e autonómica-proba de avaliación

100

40

20.9.2017

18.00 h

AF17006

T01

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-proba de avaliación

100

20

10.7.2017

9.00 h

AF17006

T02

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-proba de avaliación

100

20

18.9.2017

16.00 h

AF17008

T01

Subvencións e axudas económicas en tempos de

crise-proba de avaliación

100

18

10.7.2017

16.00 h

AF17008

T02

Subvencións e axudas económicas en tempos de

crise-proba de avaliación

100

18

18.9.2017

9.00 h

AF17010

T01

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia:

V Convenio colectivo único de persoal laboral-proba de avaliación

100

20

13.7.2017

16.00 h

AF17010

T02

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia:

V Convenio colectivo único de persoal laboral-proba de avaliación

100

20

20.9.2017

9.00 h

AF17012

T01

Réxime disciplinario do empregado público de

Galicia-proba de avaliación

100

15

13.7.2017

9.00 h

AF17012

T02

Réxime disciplinario do empregado público de

Galicia-proba de avaliación

100

15

20.9.2017

16.00 h

AF17014

T01

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa-proba de avaliación

100

25

10.7.2017

18.00 h

AF17014

T02

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa-proba de avaliación

100

25

18.9.2017

11.00 h

AF17016

T01

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público-proba de avaliación

100

25

13.7.2017

18.00 h

AF17016

T02

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público-proba de avaliación

100

25

20.9.2017

11.00 h

AF17018

T01

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia-proba de avaliación

100

20

12.7.2017

18.00 h

AF17018

T02

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia-proba de avaliación

100

20

19.9.2017

11.00 h

AF17020

T01

A Administración electoral: o papel das administracións galegas-proba de avaliación

100

15

14.7.2017

9.00 h

AF17020

T02

A Administración electoral: o papel das administracións galegas-proba de avaliación

100

15

21.9.2017

16.00 h

AF17022

T01

Estatuto básico do empregado público-proba de avaliación

100

25

14.7.2017

11.00 h

AF17022

T02

Estatuto básico do empregado público-proba de avaliación

100

25

21.9.2017

18.00 h

AF17024

T01

A reforma parlamentaria. Os cambios legais e regulamentarios-proba de avaliación

100

15

14.7.2017

16.00 h

AF17024

T02

A reforma parlamentaria. Os cambios legais e regulamentarios-proba de avaliación

100

15

21.9.2017

9.00 h

AF17026

T01

O impulso democrático en Galicia: medidas

lexislativas-proba de avaliación

100

15

27.6.2017

9.00 h

AF17026

T02

O impulso democrático en Galicia: medidas

lexislativas-proba de avaliación

100

15

5.9.2017

16.00 h

AF17028

T01

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-proba de avaliación

100

20

27.6.2017

16.00 h

AF17028

T02

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-proba de avaliación

100

20

5.9.2017

9.00 h

AF17030

T01

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-proba de avaliación

100

20

28.6.2017

9.00 h

AF17030

T02

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-proba de avaliación

100

20

6.9.2017

16.00 h

AF17032

T01

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-proba de avaliación

100

25

6.7.2017

18.00 h

AF17032

T02

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-proba de avaliación

100

25

14.9.2017

11.00 h

AF17034

T01

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas-proba de avaliación

100

25

23.6.2017

18.00 h

AF17034

T02

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas-proba de avaliación

100

25

22.9.2017

11.00 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF17036

T01

Cooperación transfronteiriza e cohesión-proba de avaliación

100

24

28.6.2017

16.00 h

AF17036

T02

Cooperación transfronteiriza e cohesión-proba de avaliación

100

24

6.9.2017

9.00 h

AF17038

T01

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-proba de avaliación

100

24

12.7.2017

11.00 h

AF17038

T02

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-proba de avaliación

100

24

4.9.2017

16.00 h

AF17040

T01

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas-proba de avaliación

100

20

6.7.2017

16.00 h

AF17040

T02

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas-proba de avaliación

100

20

14.9.2017

9.00 h

AF17042

T01

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control-proba de avaliación

100

15

23.6.2017

16.00 h

AF17042

T02

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control-proba de avaliación

100

15

22.9.2017

9.00 h

AF17044

T01

Introdución ao dereito da UE para os xestores

públicos-proba de avaliación

100

30

14.7.2017

18.00 h

AF17044

T02

Introdución ao dereito da UE para os xestores

públicos-proba de avaliación

100

30

21.9.2017

11.00 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF17046

T01

Cambio e motivación nas organizacións-proba de avaliación

100

15

26.6.2017

11.00 h

AF17046

T02

Cambio e motivación nas organizacións-proba de avaliación

100

15

4.9.2017

18.00 h

AF17048

T01

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-proba de avaliación

100

15

26.6.2017

16.00 h

AF17048

T02

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-proba de avaliación

100

15

4.9.2017

9.00 h

AF17050

T01

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-proba de avaliación

100

30

10.7.2017

11.00 h

AF17050

T02

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-proba de avaliación

100

30

18.9.2017

18.00 h

AF17052

T01

Básico en prevención de riscos laborais-proba de avaliación

100

50

27.6.2017

11.00 h

AF17052

T02

Básico en prevención de riscos laborais-proba de avaliación

100

50

5.9.2017

18.00 h

AF17054

T01

Prevención de riscos laborais en oficinas e

despachos-proba de avaliación

100

15

26.6.2017

18.00 h

AF17054

T02

Prevención de riscos laborais en oficinas e

despachos-proba de avaliación

100

15

4.9.2017

11.00 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF17056

T01

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos-proba de avaliación

100

25

27.6.2017

18.00 h

AF17056

T02

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos-proba de avaliación

100

25

5.9.2017

11.00 h

AF17058

T01

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos-proba de avaliación

100

20

28.6.2017

11.00 h

AF17058

T02

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos-proba de avaliación

100

20

6.9.2017

18.00 h

AF17060

T01

Seguridade dixital a nivel de usuario-proba de avaliación

100

30

28.6.2017

18.00 h

AF17060

T02

Seguridade dixital a nivel de usuario-proba de avaliación

100

30

6.9.2017

11.00 h

AF17062

T01

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-proba de avaliación

100

50

29.6.2017

16.00 h

AF17062

T02

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-proba de avaliación

100

50

7.9.2017

9.00 h

AF17064

T01

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-proba de avaliación

100

50

29.6.2017

9.00 h

AF17064

T02

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-proba de avaliación

100

50

7.9.2017

16.00 h

Plan formativo ofimático de Galicia

AF17066

T01

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-proba de avaliación

100

50

3.7.2017

9.00 h

AF17066

T02

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-proba de avaliación

100

50

11.9.2017

16.00 h

AF17068

T01

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

50

11.7.2017

16.00 h

AF17068

T02

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

50

11.9.2017

9.00 h

AF17070

T01

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

50

4.7.2017

16.00 h

AF17070

T02

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

50

12.9.2017

9.00 h

AF17072

T01

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-proba de avaliación

100

50

4.7.2017

9.00 h

AF17072

T02

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-proba de avaliación

100

50

12.9.2017

16.00 h

AF17074

T01

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

30

5.7.2017

16.00 h

AF17074

T02

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

30

13.9.2017

9.00 h

AF17076

T01

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-proba de avaliación

100

30

5.7.2017

9.00 h

AF17076

T02

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-proba de avaliación

100

30

13.9.2017

16.00 h

AF17078

T01

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-proba de avaliación

100

30

11.7.2017

9.00 h

AF17078

T02

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-proba de avaliación

100

30

19.9.2017

16.00 h

AF17080

T01

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)-proba de avaliación

100

30

16.6.2017

16.00 h

AF17080

T02

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010)-proba de avaliación

100

30

8.9.2017

9.00 h

AF17082

T01

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)-proba de avaliación

100

30

7.7.2017

9.00 h

AF17082

T02

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)-proba de avaliación

100

30

14.9.2017

16.00 h

AF17084

T01

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)-proba de avaliación

100

30

7.7.2017

16.00 h

AF17084

T02

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)-proba de avaliación

100

30

15.9.2017

9.00 h

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas).

3. Na páxina web <http://egap.xunta.gal> actualizarase e ampliarase a información sobre as actividades do Programa de autoformación, incluíndo as quendas, se é o caso, e o horario de realización das probas de avaliación.

Terceira. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

5. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

6. A maiores, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección, deben remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. As probas de avaliación: criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

2. Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que 60 están vinculados ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e os 40 restantes á antigüidade na Administración.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.

Quinta. As probas de avaliación: publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do Programa de autoformación, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> unha relación na cal figurará o alumnado seleccionado para participar e mais o situado nos primeiros postos da listaxe de agarda. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil. Aquelas persoas que non figuren na relación estarán, ben situadas nun posto máis afastado na listaxe de agarda, ou ben excluídas en aplicación destas bases.

2. O prazo de presentación de alegacións é de cinco días naturais contados desde o día seguinte a devandita publicación.

3. Transcorrido o prazo de presentación de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva das persoas admitidas para participar nas probas de avaliación.

Sexta. As probas de avaliación: cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas nin cambios na asignación de quendas das probas.

2. A renuncia:

a) A renuncia debe serlle comunicada por escrito á EGAP nun prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas. Na páxina web da EGAP está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto pódese utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

b) As persoas seleccionadas só poderán renunciar fóra de prazo á proba de avaliación da actividade do Programa de autoformación nos seguintes casos:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. As probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do Programa de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

Actividades de ofimática

De 30 a 50 horas

30

90

Unha

Non

70 %

De 25 a 50 horas

40

60

De 15 a 24 horas

30

45

Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do Programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Función Pública.

Novena. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de todos os datos no enderezo <http://egap.xunta.gal>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.