Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11773

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 2 de marzo de 2017 pola que se convoca e establece o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2017/18.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece, no seu artigo 3, os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

Por último, o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúe á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

Neste contexto, a Administración autonómica conta cunha rede propia de escolas infantís 0-3 e contribúe ao financiamento das escolas de titularidade municipal e de entidades de iniciativa social, que amplían e complementan a rede de recursos de atención á infancia sostida con fondos públicos.

Así mesmo, a consellería conta co programa do Bono concilia consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pago total ou parcial dunha escola infantil privada da súa elección. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtiveran praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcaran a opción do bono concilia na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas.

Pola súa vez, a fin de darlle unha solución eficaz e concreta ao volume das listas de espera que se concentran na rede pública de escolas infantís das sete grandes cidades e, por extensión, ás dos concellos das súas respectivas áreas de influenza, no curso 2015/2016 púxose en marcha un concerto de prazas en escolas infantís de titularidade privada, dirixidas ás persoas solicitantes que non obtiveran praza en ningunha das escolas da rede pública autonómica.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada que resultaron adxudicatarias do concerto de prazas do primeiro ciclo de educación infantil nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia (código BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.

Artigo 2. Persoas adxudicatarias

Poderá adxudicarse unha praza concertada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:

a) Renovación de praza.

Nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2016/2017, sempre que non teñan cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2017.

b) Novo ingreso.

1º. Nenos e nenas cun irmán/á que renove praza concertada durante o curso 2017/2018.

2º. Nenos e nenas solicitantes de praza para o curso 2017/2018 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles e que nas respectivas solicitudes marcaran a opción de candidato/a a praza concertada.

Artigo 3. Procedemento de adxudicación das prazas

1. Para avanzar na conciliación da vida familiar e laboral e promover o dereito á escolarización de irmáns/ás no mesmo centro, en cada escola infantil as prazas concertadas adxudicaranse seguindo a orde de prelación coa que aparecen relacionadas no artigo anterior.

2. Nos supostos de solicitude de renovación, a praza será renovada na mesma escola infantil na que estivera escolarizado o neno ou a nena no curso 2016/2017, con carácter xeral no mesmo horario e cos mesmos servizos cos que fora adxudicada no dito curso.

3. De ser preciso, as solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas cun irmán/á que renove praza concertada durante o curso 2017/2018, ordenaranse conforme á puntuación que obtivera a unidade familiar no momento de escolarización nunha praza concertada do fillo/a que dea dereito ao acceso por esta quenda.

4. As solicitudes en lista de espera por falta de praza pública, sempre que marcaran esta opción, optarán a unha praza concertada de maneira automática sen ter que presentar unha solicitude ao abeiro desta orde.

5. Para optar a praza tanto no suposto de renovación como de novo ingreso previsto no artigo 2. b) 1º é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

Artigo 4. Solicitudes e documentación

1. A solicitude tanto no suposto de renovación como de novo ingreso previsto no artigo 2. b) 1º, presentarase segundo o modelo oficial (anexo I desta orde), que estará dispoñible nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e http://politicasocial.xunta.gal e que tamén se facilitará nos propios centros nos que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, no caso de terse producido cambios respecto ao que consta na declaración do IRPF correspondente ao ano 2015 que afecten á unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou tivera un formato non admitido pola dita sede, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1.Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, correspondente ao ano 2015.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes xunto coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo de solicitude o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 7. Condicións xerais das prazas

1. Nas prazas en escolas infantís 0-3 con concerto de prazas poderase optar, en canto que teñen a condición de públicas, por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

A opción dos servizos elixidos manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. O horario para o alumnado que opte pola modalidade de servizo prevista na letra b) do punto anterior será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

3. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se solicite ante a dirección do centro con antelación suficiente e se aboe o prezo estipulado.

Unha vez concedida a praza concertada de acordo co procedemento establecido nesta orde, esta manterase nas mesmas condicións durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola que opte.

Así mesmo, o alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2017/2018.

Artigo 8. Prezos

As familias usuarias dunha praza concertada nunha das escolas infantís obxecto desta orde aboarán mensualmente á escola infantil os prezos públicos establecidos polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar e dos descontos aplicables en cada caso.

Artigo 9. Regras e definicións para a determinación do importe do prezo público

1. Para a determinación do importe mensual do prezo público teranse en conta as especificacións recollidas no anexo do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro. Para estes efectos, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes ou persoas con relación análoga de afectividade e máis:

1º. As fillas e os fillos menores, con excepción dos que, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes destes.

2º. As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

3º. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o 31 de decembro de 2015.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais de cada un dos membros da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro e segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Para estes efectos, tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2015.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando forme parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e as fillas/os menores ao seu cargo e sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.

2. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 10. Instrución do procedemento

A instrución e proposta de resolución deste procedemento correspóndelle aos servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica das xefaturas territoriais da Consellería de Política social.

No exercicio das súas competencias os ditos servizos comprobarán que as solicitudes presentadas reúnen os requisitos recollidos nesta orde. De non ser así, e de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10 días), emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida na súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo estes servizos tramitarán as solicitudes de praza pública en lista de espera que exerceran a opción polo programa de concerto para adxudicarlles unha praza concertada na/s escola/s elixidas na solicitude.

Artigo 11. Resolución do procedemento

1. A resolución de adxudicación das prazas, por proposta do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

2. O prazo para resolver e notificar a dita resolución será de cinco meses contados desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por rexeitadas.

3. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

4. As notificacións que se practiquen nos procedementos habilitados nesta orde realizaranse nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas só poderán practicarse cando así o manifeste expresamente a persoa destinataria ou despois da aceptación da proposta do correspondente órgano ou organismo público, salvo que estea obrigada a relacionarse a través de medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede da Xunta de Galicia (https://notifica.xunta.gal). De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta a disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como o acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos de posta a disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

Se transcorren dez días naturais desde a posta a disposición dunha notificación electrónica sen que se accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite e continuarase o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

A notificación da resolución de adxudicación de praza realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. A adxudicación dunha praza en calquera das escolas privadas que participan neste programa leva consigo a exclusión automática da lista de espera das escolas públicas.

6. As solicitudes que non obteñan ningunha das prazas concertadas solicitadas por ter sido cubertas todas con candidaturas con maior puntuación permanecerán nas listas de espera da/s escola/s pública/s solicitada/s, de ser o caso. Nos supostos nos que se exercera a opción para o programa do Bono concilia, serán consideradas para esta axuda económica sen ter que presentar unha nova solicitude no momento no que se convoque.

Artigo 12. Publicación das listas de persoas adxudicatarias e matrícula

1. As listas de persoas adxudicatarias, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, faranse públicas a partir do día 30 de xuño de 2017 nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como no enderezo electrónico http://politicasocial.xunta.gal.

2. Unha vez concedida a praza a persoa interesada deberá presentar na escola infantil na que foi adxudicada o impreso de matrícula segundo o modelo oficial. O impreso de matrícula estará dispoñible no enderezo electrónico http://politicasocial.xunta.gal, na escola infantil na que se lle adxudicou e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

O prazo para presentar o dito impreso de matrícula é de dez (10 ) días naturais contados desde a recepción da resolución de adxudicación de praza. Neste mesmo prazo débese remitir unha copia do impreso de matrícula ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial que lle corresponda.

A formalización da matrícula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realizase a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

Artigo 13. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de seis meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal de Administación Tributaria (AEAT) ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo, será resolta pola persoa titular da xefatura territorial e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 14. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

2. Naqueles casos nos que se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) serán resoltas pola persoa titular da dirección xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por proposta da xefa ou xefe territorial correspondente, unha vez oída a dirección do centro ao que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/s persoa/s interesada/s. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da persoa titular da xefatura territorial de Política Social, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Artigo 15. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela; ou a través dun correo electrónico a: sxt.politicasocial@xunta.gal.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social para a resolución desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Relación de escolas infantís que ofertan prazas a través do sistema de concerto para o curso 2017/2018

Entidade

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Grupo idade

Nº prazas

A Coruña

Fundación Hogar Santa Margarita

E I Fogar Santa Margarida

Valle Inclán, 1-3

15011

A Coruña

A Coruña

0-1

-

1-2

6

2-3

9

G Matogrande S.L.

E I Pequerrechos Cambre

Constitución,

11-13, P. Marítimo O Graxal

15670

Cambre

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

A Fraga Encantada, S.C.

E I A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3-B

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

8

Amelia Barallobre Carreira

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29-B,

O Temple

15679 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

2

EI Trasnos S.L.

E I Trasnos

Castellana, 87

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

Santiago de Compostela

Soluciones Educativas Galicia, S.A.

E I Kid's Garden de Santiago

As Burgas, 6

15705 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

6

EI Os Pequerrechos, S.L.

E I Os Pequerrechos de Santiago

Área Central, L33, 1ª, As Fontiñas

15703 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

Ferrol

Lendo e Crecendo S.L.

E I Os Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7-B, baixo

15403 Ferrol

A Coruña

0-1

2

1-2

4

2-3

4

Ourense

Colegio Infantil Los Tilos S.L.

E I Los Tilos

Alfredo Brañas, 62-A

32001 Ourense

Ourense

0-1

6

1-2

11

2-3

11

G Infantil Os Cativos, S.C.

E I Pequechiños

Nosa Sª da Saínza, 32

32005 Ourense

Ourense

0-1

4

1-2

5

2-3

5

Lazos Colexio Infantil S.L.

E I Lazos

Irmáns Xesta, 2-B

32002 Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

4

2-3

4

E Infantil Lecer, S.L.L

E I Lecer

Travesía de Portocarreiro 10-12

32003 Ourense

Ourense

0-1

1

1-2

2

2-3

3

Pontevedra

Asociación Educativa Dalila

E I Integral Dalila Ponteporto II

Ourense, 50, Edificio Ponteporto

36900 Marín

Pontevedra

0-1

3

1-2

8

2-3

8

Parrulos, S.L.

E I Parrulos de Pontevedra

Praza Fermín Bouza Brey, 1-B

36004 Pontevedra

Pontevedra

0-1

1

1-2

1

2-3

1

Asociación G. Laboral Pipo

E I Pipo de Lérez

Pasarón, 3

36005 Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

5

2-3

5

Rosalía Rodríguez Montes

E I Bamby

San Roque de Abaixo, 1

36001 Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

6

2-3

10

Vigo

Asociación Educativa Dalila

E I Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1-B

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

5

1-2

13

2-3

13

Los Pequerrechos Nigrán, S.L.

E I Pequerrechos

Vilariño, s/n,

A Ramallosa

36379 Nigrán

Pontevedra

0-1

1

1-2

1

2-3

1

Urxo Peluxe, S.L.

E I 0-3 Urxo Peluxe

Bº da Guía, s/n, Atios

36400

Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10

C E Infantil O Xardín Hispanidad, S.L.

C Educación Infantil O Xardín Hispanidad

Hispanidade, 46, Romil 57A

36203

Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

C Educación Infantil Esme, S.L.

C Educación Infantil

O Xardín

Ramón Couto, 27

36203

Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

Colexio

Marcote, S.L.

E I Aceimar

Puente, 80-82, Cabral

36318

Vigo

Pontevedra

0-1

6

1-2

9

2-3

15

Soluciones Educativas

Galicia, S.A.

E I A Camelia de Vigo

Bravo, 36, Urb. Samil

36212

Vigo

Pontevedra

0-1

4

1-2

13

2-3

13