Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3781

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do día 29 de decembro de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Un. Na páxina 56426, o artigo 11 (Modificacións), onde di: «1. Antes da presentación da solicitude de pagamento final, antes dos controis sobre o terreo previos ao pagamento final e, en todo caso, antes da finalización da execución do programa, os beneficiarios poderán presentar modificacións dos programas inicialmente seleccionados, sempre que non comprometan os obxectivos dos programas no seu conxunto, non se modifiquen a alza os orzamentos dos programas, non supoñan cambios na admisibilidade, nin variacións da puntuación á baixa, estean debidamente xustificadas, se comuniquen á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda e estean autorizadas por ela. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos países nin o incremento ou diminución do orzamento aprobado para cada país e para o total do programa.», debe dicir: «1. Antes da presentación da solicitude de pagamento final, antes dos controis sobre o terreo previos ao pagamento final e, en todo caso, antes da finalización da execución do programa, os beneficiarios poderán presentar modificacións dos programas inicialmente seleccionados, sempre que non comprometan os obxectivos dos programas no seu conxunto, non se modifiquen á alza os orzamentos dos programas, non supoñan cambios na admisibilidade, nin variacións da puntuación á baixa, estean debidamente xustificadas, se comuniquen á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda e estean autorizadas por ela. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos países nin o incremento do orzamento aprobado para o total do programa.».

Dous. Na páxina 56453, no anexo VIII (Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal e gastos xerais, e outros), onde di: «A suma das letras a) e b) (Custos de Persoal), non poderá superar o 13 % do total de custos do programa aprobado, por este motivo ditos gastos deberán figurar convenientemente desglosados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.», debe dicir: «A suma dos apartados a) e b) (Custos de Persoal), non poderá superar o 13 % do total de custos das accións executadas, por este motivo os ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.»