Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3664

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2017, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 71, no Resolvo, onde di: «O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2017 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG nº 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG nº 209, do 3 de novembro) será do 0,066 %», debe dicir: «O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2017 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG nº 63, do 30 de marzo de 2011) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG nº 209, do 3 de novembro de 2015) será do -0,066 %».