Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 225/2015, do 16 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de abril de 2015, pronunciou a Sentenza 225/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4090/2009, interposto por Javier Baltar Tojo, sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Javier Baltar Tojo contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 14 de novembro de 2008, sobre aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Rianxo, relativa á inclusión como solo dotacional público das casas de ilustres rianxeiros e, en consecuencia, anulamos a mencionada orde por ser contraria ao dereito, sen facer especial condena de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo