Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32951

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 12 de xullo de 2016 pola que se modifica, no relativo ás anualidades, a Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña e se procede á súa convocatoria.

A Orde da Consellería do Mar do 9 de maio de 2016 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) establece as bases reguladoras e procede á convocatoria de bolsas para completar a formación de técnicos superiores en ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

No artigo 13 da citada orde detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto nas anualidades 2016, 2017 e 2018 para o financiamento das ditas axudas.

Tendo en conta as especiais circunstancias que retardaron a tramitación destas axudas, a data de inicio das bolsas vai ter un atraso duns dous meses o que fai preciso unha modificación do crédito por anualidades con respecto ao previsto inicialmente.

En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 30.1.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 13 da Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de persoal en temas de investigación mariña e se procede á súa convocatoria, que queda redactado como segue:

Artigo 13. Dotación orzamentaria

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 14 03 561A 4800 (153.600,00 €) e 14 03 561A 4840 (9.600,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2016-2018 coa seguinte distribución por anos:

2016

2017

2018

14 03 561 A 4800

25.600,00

76.800,00

51.200,00

14 03 561 A 4840

1.280,00

4.800,00

3.840,00

Total

26.880,00

81.600,00

55.040,00

Disposición adicional única

A modificación das anualidades previstas no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 9 de maio de 2016

Disposición derradeira única

A presente orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar