A Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016, establece no seu artigo 2.2 que os créditos estimados que financian os programas contidos na orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Dado que existen remanentes de crédito de fondos finalistas procedentes doutras convocatorias que poden ser utilizados para o financiamento desta orde, procede darlles a oportuna publicidade, en cumprimento do disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Ampliación de créditos
Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016, na aplicación 09.41.322A.460.0 (código de proxecto 2015 00489) polo importe global de 200.165,30 euros.
Artigo 2. Prazo de solicitude
Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria