En sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 9 de xullo de 2016, en chamamento único que se inciará ás 9.30 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lápis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016
Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal