Na sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,
ACORDOU:
De conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 9 de xullo de 2016, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
Así mesmo, segundo o establecido na base II.2.2 da convocatoria, as/os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade. Tamén deberán levar lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016
Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal