Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24596

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende fomentar a colaboración das empresas no desenvolvemento da formación profesional do sistema educativo, co obxecto de adecuar as ensinanzas dos ciclos formativos ás necesidades específicas de formación que demandan as empresas.

O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

A disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.

A Orde do 12 de xullo de 2011 regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Na súa virtude, co fin de pór en funcionamento proxectos de formación profesional dual de carácter experimental en colaboración con diversas entidades, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades. Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

Esta implantación pode ser obxecto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, no marco do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente» e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas cales se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo II.

3. A distribución de módulos para cada ciclo formativo e curso escolar establécese no anexo III.

Artigo 2. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a estes proxectos de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Ter entre dezaoito e vinte e nove anos ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.

c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que se cursase noutro ciclo formativo.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitude

1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, segundo o modelo do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irán dirixidas á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

2. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13.00 horas do día 28 de xuño de 2016.

Artigo 4. Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, irá acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

b) No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

c) Curriculum vitae co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:

https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

Artigo 5. Procedemento de admisión e matrícula

1. O procedemento de admisión realizarase en dúas fases:

a) Na primeira fase, o centro educativo, logo de analizar a documentación presentada e verificar os requisitos das persoas solicitantes, fará pública no taboleiro de anuncios, no prazo máximo dun día hábil desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación do requisito de acceso ao ciclo formativo.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp

Contra esta listaxe, o alumnado solicitante poderá presentar ante a dirección do centro a correspondente reclamación no prazo de dous días hábiles desde tal publicación.

Logo de resolver as reclamacións presentadas, no prazo de dous días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de reclamacións, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe coa relación definitiva de persoas solicitantes. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora.

b) Na segunda fase, a entidade colaboradora, a partir da listaxe facilitada polo centro educativo e no prazo máximo de sete días hábiles, seleccionará as persoas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa, que non poderán exceder o número máximo de alumnado a que se refire o punto 1 do artigo 6 desta orde. A empresa comunicará ao alumnado os criterios e os procedementos utilizados na selección con anterioridade á súa realización.

Estas actuacións serán realizadas por persoal da empresa xunto cunha persoa representante do centro educativo, de xeito que a selección poida garantir que se cobre o número mínimo de prazas que a empresa se compromete a acoller nas súas instalacións.

Finalizado o período de selección, no seguinte día hábil, o centro educativo publicará no taboleiro de anuncios a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade, e a listaxe de persoas non seleccionadas.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp

2. No prazo máximo de dous días hábiles desde a publicación das listaxes a que se refire o punto anterior, as persoas admitidas deberanse matricular na secretaría do centro correspondente.

3. Contra a relación definitiva de solicitantes a que se refire o punto 1, alínea a), e contra as listaxes de persoas admitidas a que se refire o punto 1, alínea b), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no prazo máximo dun mes, ante a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6. Prazas ofertadas e número mínimo de solicitudes de matrícula

1. O número máximo de alumnos e alumnas con matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual será o establecido nos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente; en todo caso, será como máximo de trinta alumnos/as por ciclo formativo.

Os convenios poderán ser consultados no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual

2. A autorización da oferta do proxecto experimental de formación profesional dual quedará condicionada a que exista un número mínimo de doce persoas seleccionadas. Un número menor de persoas seleccionadas exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este proxecto experimental de formación profesional dual, e mentres que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Artigo 7. Obxecto e modalidade de desenvolvemento da formación profesional dual

1. Os proxectos experimentais de formación profesional dual desta orde realízanse consonte o establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, e teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores e das traballadoras nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo.

2. A actividade formativa inherente a estes proxectos será a necesaria para a obtención do título de técnico ou técnico superior correspondente, sen prexuízo de poder incluír formación complementaria para dar resposta tanto ás necesidades do alumnado como ás necesidades das empresas.

3. Estes proxectos de formación profesional dual desenvolveranse, consonte o establecido no artigo 3.1, alínea b), do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, a través da modalidade de formación compartida entre o centro educativo e a empresa, que consiste en que a empresa facilite os espazos, as instalacións e/ou as persoas expertas para impartir parcialmente determinados módulos profesionais. No centro educativo, os módulos profesionais serán impartidos polo profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no curriculum vitae correspondente.

Artigo 8. Plan de formación e aprendizaxe

1. Estes proxectos de formación profesional dual terán unha duración como máximo de tres anos e impartiranse de acordo coa distribución de módulos do anexo III para cada ciclo formativo e curso escolar.

2. Estes proxectos incorporarán, entre outros aspectos, a programación para cada un dos módulos profesionais consonte o establecido no artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, que recollerá as actividades que cumpra realizar no centro educativo e na empresa, así como o calendario, a xornada e os horarios en que se realizará a actividade laboral na empresa e a correspondente actividade formativa.

3. A distribución da formación curricular, a distribución global do proxecto, a temporalización dos módulos profesionais, a adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia e a especificación das horas de formación que se realizarán no centro educativo e na empresa para cada módulo profesional, están recollidas en cada uns dos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente. Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual

Artigo 9. Titoría e desenvolvemento da formación

1. A entidade colaboradora designará unha persoa como titor ou titora que, entre outras cousas, será responsable do seguimento da actividade formativa e da comunicación co centro de formación.

2. O centro educativo designará unha persoa como titor ou titora do grupo de alumnado que, ademais das funcións que se establecen no artigo 21 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, será responsable da coordinación do equipo docente e será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa.

3. A actividade formativa na empresa e no centro educativo será coordinada polos titores e as titoras mediante reunións de control cunha frecuencia mínima mensual, nas cales se realizará o seguimento de cada alumno ou alumna.

Artigo 10. Avaliación

1. A avaliación do alumnado será responsabilidade do profesorado dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en conta as achegas das persoas expertas da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas nesta. A valoración do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe establecidos no curriculum vitae do ciclo formativo farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos para cada módulo profesional.

2. Ao longo do período formativo correspondente, o profesorado de cada módulo realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe de conformidade co artigo 23 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recolla de información previamente establecidos na programación dos módulos. Para tal fin, poderase establecer un plan individualizado por alumna ou alumno.

3. A avaliación de final de módulos de cada ano do proxecto corresponderase sempre co remate do período formativo dos módulos realizados no centro educativo e na empresa.

Artigo 11. Módulo de formación en centros de traballo

Cando finalice o proxecto de formación profesional dual, o alumnado que superase todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente que compoñen o proxecto quedará exento da realización do módulo de formación en centros de traballo.

Artigo 12. Continuidade no proxecto de formación profesional dual por parte do alumnado

1. Para poder continuar no proxecto de formación profesional dual, o alumnado seleccionado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo correspondente previstos para cada curso académico segundo o plan de formación que se establece no anexo III desta orde. Non obstante, poderase continuar sen cumprir o anterior requisito por razóns debidamente motivadas e con autorización da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

2. Así mesmo, o alumnado será excluído do proxecto de formación dual nos seguintes casos:

a) Por faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas.

b) Por actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento.

c) Para o alumnado con contrato de formación e aprendizaxe, pola extinción do contrato por calquera das causas que se establecen no artigo 13 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

3. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o artigo 32 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, articulará as medidas necesarias para que ao alumnado que non supere algún módulo e non sexa excluído do proxecto por algún dos casos recollidos nas alíneas a) e b) do punto anterior, se lle facilite a continuación das ensinanzas do ciclo correspondente.

4. O alumnado que cumpra as condicións para continuar no proxecto nos cursos seguintes terá praza garantida e deberá entregar a solicitude de reserva para cada curso académico no prazo ordinario establecido na normativa.

5. Coa solicitude entenderase que o alumnado solicita a matrícula na totalidade dos módulos ofertados, segundo o plan de formación que se establece no anexo III desta orde. No último curso do proxecto, ademais destes módulos, o alumnado deberase matricular do módulo de Formación en centros de traballo e, no caso dos ciclos de grao superior, do módulo de Proxecto.

Artigo 13. Módulo de Proxecto dos ciclos formativos de grao superior

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora do módulo de Proxecto dos ciclos formativos de grao superior, este módulo profesional desenvolverase durante o derradeiro ano dos proxectos de formación profesional dual.

Artigo 14. Módulos profesionais xa superados ou validados

1. O alumnado que superase ou validase un módulo profesional do ciclo formativo solicitado por ter realizado outro ciclo formativo ou ter acreditada algunha unidade de competencia deberá asistir á totalidade das actividades, profesionalizadoras ou formativas, que cumpra realizar na empresa.

2. En materia de validacións atenderase ao establecido na súa normativa reguladora.

Artigo 15. Comunicación á inspección

A dirección do centro educativo, quince (15) días antes do inicio da actividade formativa nas empresas, remitirá aos servizos de inspección educativa das respectivas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha copia do convenio de colaboración, a relación do alumnado matriculado no ciclo formativo e o nome da empresa onde vai realizar a súa formación. Os servizos de inspección trasladarán esta información á Inspección de traballo.

Utilizarase o mesmo procedemento para comunicar as baixas ou posibles modificacións do alumnado na empresa.

Artigo 16. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxfp@edu.xunta.es

Artigo 17. Consentimentos e autorizacións

A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Artigo 18. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto á presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Disposición adicional primeira. Prazas ofrecidas polo réxime de persoas adultas

Unha vez rematado o proceso de matrícula nos ciclos formativos no período extraordinario de setembro, no caso que o centro educativo teña autorizados os mesmos módulos polo réxime para as persoas adultas que os autorizados no proxecto de formación profesional dual, poderanse adxudicar prazas polo réxime de persoas adultas, ata completar o número máximo de prazas que se ofrecen con carácter xeral para este tipo de ensino, ás persoas da listaxe de espera coa orde de prioridade establecida. Estas persoas recibirán a formación dos módulos profesionais do ciclo formativo exclusivamente no centro educativo co mesmo itinerario de formación que o establecido para o proxecto de formación profesional dual e poderán, se a empresa o considera e nas condicións que se determinen, incorporarse ao proxecto de formación profesional dual se houber algunha vacante.

Disposición adicional segunda. Ordenación académica e avaliación do alumnado

Todos os aspectos relativos á ordenación académica e á avaliación sobre formación profesional inicial non recollidos nesta orde rexeranse polas normas que con carácter xeral regulan as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo vacante.

Disposición adicional terceira. Solicitude de admisión a ciclos formativos no prazo ordinario e simultaneamente nos proxectos de formación profesional dual

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual autorizados nesta orde, tamén poderán se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo ordinario de xuño-xullo de 2016. Neste caso:

a) As persoas seleccionadas nalgún dos proxectos de formación dual e que se matriculen no ciclo do proxecto solicitado están renunciando expresamente a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos; non serán adxudicadas e non poderán formalizar matrícula ningunha na modalidade presencial ou a distancia.

b) As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e, se é o caso, poderáselles adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO II

Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras
en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual

Concello

Código de centro

Centro educativo

Código de ciclo

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

A Coruña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

SHOT05

Dirección de Cociña

Arlea Hotels, S.L.U.

A Coruña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

SHOT01

Dirección de Servizos de Restauración

Paradores de Turismo de España, S.A.

A Coruña

15005269

IES Urbano Lugrís

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

Gas Natural SDG, S.A

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

MINA03

Elaboración de Produtos Alimentarios

Salica Alimentos Congelados

Santiago de Compostela

15016000

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

Arlea Hotels, S.L.U.

Chantada

27003175

IES Val do Asma

SADG01

Administración e Finanzas

Citadel

Chantada

27003175

IES Val do Asma

SHOT02

Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Restel

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

MTMV01

Carrozaría

Unidad de Vehículos Industriales, S.A

Pontevedra

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT05

Dirección de Cociña

Arlea Hotels, S.L.U.

Pontevedra

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT01

Dirección de Servizos de Restauración

Arlea Hotels, S.L.U.

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

SHOT01

Dirección de Servizos de Restauración

Arlea Hotels, S.L.U.

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

SQUI03

Fabricación de Produtos Farmacéuticos, Biotecnolóxicos e afíns

Lonza Biologics Porriño, S.L.

CZ Veterinaria, S.A.

Vigo

36017430

IES Ricardo Mella

SADG01

Administración e finanzas

Bosch Security Systems, S.A.U.

Vigo

36011579

IES A Guía

SCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Media Markt Saturn Administración España, S.A.U.

Vigo

36011634

IES Politécnico de Vigo

MIMA03

Mantemento Electromecánico

Benteler Automotive Vigo, S.L.

ANEXO III

Plan de formación dos ciclos formativos autorizados
para os proxectos de formación profesional dual

Código de centro

Centro

Código de ciclo

Ciclo

Curso

Código de módulo

Módulo

15027897

CIFP Paseo das Pontes

SHOT04

Dirección de Cociña

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0497

Procesos de preelaboración e conservación en cociña

MP0499

Procesos de elaboración culinaria

MP0506

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0498

Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña

MP0500

Xestión da produción en cociña

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0507

Empresa e iniciativa emprendedora

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

MP0515

Empresa e iniciativa emprendedora

15005269

IES Urbano Lugrís

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

2016-2017

MP0517

Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións

MP0520

Sistemas e circuítos eléctricos

MP0521

Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas

MP0523

Configuración de instalacións domóticas e automáticas

MP0527

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0518

Técnicas e procesos en instalacións eléctricas

MP0519

Documentación técnica en instalacións eléctricas

MP0522

Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación

MP0524

Configuración de instalacións eléctricas

MP0528

Empresa e iniciativa emprendedora

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

15014556

CIFP Coroso

MINA03

Elaboración de Produtos Alimentarios

2016-2017

MP0030

Operacións e control de almacén na industria alimentaria

MP0031

Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos

MP0141

Materias primas na industria alimentaria

MP0147

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0116

Principios de mantemento electromecánico

MP0142

Operacións de acondicionamento de materias primas

MP0143

Tratamentos de transformación e conservación

2018-2019

MP0144

Procesamento de produtos alimentarios

MP0145

Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria

MP0146

Venda e comercialización de produtos alimentarios

MP0148

Empresa e iniciativa emprendedora

15016000

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

2016-2017

MP0173

Márketing turístico

MP0174

Dirección de aloxamentos turísticos

MP0176

Recepción e reservas

MP0179

Inglés

MP0182

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0175

Xestión do departamento de pisos

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

MP0178

Comercialización de eventos

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0183

Empresa e iniciativa emprendedora

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

2016-2017

MP0518

Técnicas e procesos en instalacións eléctricas

MP0520

Sistemas e circuítos eléctricos

MP0521

Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas

MP0527

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0517

Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións

MP0519

Documentación técnica en instalacións eléctricas

MP0522

Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación

MP0523

Configuración de instalacións domóticas e automáticas

MP0524

Configuración de instalacións eléctricas

MP0528

Empresa e iniciativa emprendedora

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

27003175

IES Val do Asma

SADG01

Administración e Finanzas

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0649

Ofimática e proceso da información

MP0650

Proceso integral da actividade comercial

MP0651

Comunicación e atención á clientela

MP0654

Contabilidade e fiscalidade

MP0658

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0647

Xestión da documentación xurídica e empresarial

MP0648

Recursos humanos e responsabilidade social corporativa

MP0652

Xestión de recursos humanos

MP0653

Xestión financeira

MP0655

Xestión loxística e comercial

MP0656

Simulación empresarial

SHOT02

Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

2016-2017

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0179

Inglés

MP0383

Destinos turísticos

MP0384

Recursos turísticos

MP0401

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0173

Márketing turístico

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0397

Xestión de produtos turísticos

MP0398

Venda de servizos turísticos

MP0399

Dirección de entidades de intermediación turística

MP0402

Empresa e iniciativa emprendedora

32009131

IES Universidade Laboral

MTMV01

Carrozaría

2016-2017

MP0254

Elementos amovibles

MP0256

Elementos fixos

MP0260

Mecanizado básico

2017-2018

MP0255

Elementos metálicos e sintéticos

MP0258

Elementos estruturais do vehículo

MP0261

Formación e orientación laboral

2018-2019

MP0257

Preparación de superficies

MP0259

Embelecemento de superficies

MP0262

Empresa e iniciativa emprendedora

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT04

Dirección de Cociña

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0497

Procesos de preelaboración e conservación en cociña

MP0499

Procesos de elaboración culinaria

MP0506

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0498

Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña

MP0500

Xestión da produción en cociña

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0507

Empresa e iniciativa emprendedora

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

MP0515

Empresa e iniciativa emprendedora

36013448

CIFP Manuel Antonio

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2016-2017

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

MP0515

Empresa e iniciativa emprendedora

SQUI03

Fabricación de Produtos Farmacéuticos, Biotecnolóxicos e Afíns

2016-2017

MP1387

Organización e xestión da fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

MP1389

Operacións básicas na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns

MP1390

Principios de biotecnoloxía

MP1391

Seguridade na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns

MP1392

Áreas e servizos auxiliares na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns

MP1398

Formación e orientación laboral

2017-2018

MP0191

Mantemento electromecánico en industrias de proceso

MP1388

Control de calidade de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

MP1393

Técnicas de produción biotecnolóxica

MP1394

Técnicas de produción farmacéutica e afíns

MP1395

Regulación e control na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns

MP1396

Acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

MP1399

Empresa e iniciativa emprendedora

36017430

IES Ricardo Mella

SADG01

Administración e Finanzas

2016-2017

MP0647

Xestión da documentación xurídica e empresarial

MP0648

Recursos humanos e responsabilidade social corporativa

MP0649

Ofimática e proceso da información

MP0650

Proceso integral da actividade comercial

2017-2018

MP0651

Comunicación e atención á clientela

MP0652

Xestión de recursos humanos

MP0653

Xestión financeira

MP0654

Contabilidade e fiscalidade

2018-2019

MP0179

Inglés

MP0655

Xestión loxística e comercial

MP0656

Simulación empresarial

MP0658

Formación e orientación laboral

36011579

IES A Guía

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

2016-2017

MP0623

Xestión económica e financeira da empresa

MP0930

Políticas de márketing

MP0931

Márketing dixital

MP0933

Formación e orientación laboral

MP1010

Investigación comercial

2017-2018

MP0179

Inglés

MP0625

Loxística de almacenamento

MP0626

Loxística de aprovisionamento

MP0926

Escaparatismo e deseño de espazos comerciais

MP0927

Xestión de produtos e promocións no punto de venda

MP0928

Organización de equipos de vendas

MP0929

Técnicas de venda e negociación

36011634

IES Politécnico de Vigo

MIMA03

Mantemento Electromecánico

2016-2017

MP0949

Técnicas de fabricación

MP0951

Electricidade e automatismos eléctricos

MP0952

Automatismos pneumáticos e hidráulicos

2017-2018

MP0950

Técnicas de unión e montaxe

MP0953

Montaxe e mantemento mecánico

MP0956

Formación e orientación laboral

2018-2019

MP0954

Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico

MP0955

Montaxe e mantemento de liñas automatizadas

MP0957

Empresa e iniciativa emprendedora