Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7297

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, e en colaboración coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse as actividades de formación dirixidas ao seu persoal de administración e servizos (PAS), cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

Os cursos de idiomas, do programa de autoformación e os restantes que correspondan co segundo semestre do ano que aparecen reflectidos no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria independente.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontra en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en dúas modalidades: presencial e teleformación. Estas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

4. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

No caso de que os solicitantes autoricen a que o servizo de persoal de cada universidade remita unha certificación global do requirido na letra a) desta base, o solicitante non estará obrigado a presentar esta documentación.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 12 de febreiro), comezarase pola letra O.

2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade da Comunidade Autónoma Galicia de acordo cos datos que figuran no Boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas de xullo de 2014.

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa.

Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Oitava. Certificados

A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/modalidade

Datas

Data da proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

UN16005

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

28.4.2016 20.5.2016

24.5.2016

Proba de avaliación

16.30 horas

UN16003

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia

50

18

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

2.5.2016 20.5.2016

24.5.2016

Proba de avaliación

17.30 horas

UN16010

Nocións básicas de contabilidade pública

25

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

5.9.2016 26.9.2016

26.9.2016

Clases presenciais

16.30-19.30 h. Últ. día ás 18.30 h

(luns e mércores)

UN16010

Nocións básicas de contabilidade pública

25

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

A Coruña

3.10.2016 26.10.2016

26.10.2016

Clases presenciais

16.30-19.30 h. Últ. día ás 18.30 h

(luns e mércores)

UN16010

Nocións básicas de contabilidade pública

25

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Vigo

1.6.2016 22.6.2016

22.6.2016

Clases presenciais

16.30-19.30 h. Últ. día ás 18.30 h

(luns e mércores)

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN16006

Negociación e traballo en equipo

35

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Mixto (1)

31.5.2016 24.6.2016

28.6.2016

Proba de avaliación

16.30 horas

Habilidades predirectivas

UN16011

Perfeccionamento de xefatura de negociado

50

80

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

7.9.2016 2.12.2016

28.10.2016

24.11.2016

Proba de avaliación

16.30-20.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN16001

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

29.3.2016 22.4.2016

26.4.2016

Proba de avaliación

17.30 horas

UN16002

Certificado dixital

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

25.5.2016 25.6.2016

28.6.2016

Proba de avaliación

17.30 horas

UN16007

Seguridade informática básica. Lei orgánica de protección de datos. Esquema nacional de seguridade e aspectos xerais de seguridade

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

4.4.2016 24.4.2016

26.4.2016

Proba de avaliación

16.30 horas

UN16004

Introdución ao arquivo electrónico. Expediente electrónico. Ferramentas. Arquivo electrónico de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Mixto (1)

23.5.2016 22.6.2016

22.6.2016

Proba de avaliación

18.30 horas

Plan formativo ofimático de Galicia

UN16008

Aplicacións informáticas de bases de datos (Microsoft Office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

12.4.2016 31.5.2016

2.6.2016

Proba de avaliación

16.30 horas

UN16012

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

5.9.2016 24.10.2016

27.10.2016

Proba de avaliación

18.30 horas

UN16009

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

2.5.2016 31.5.2016

2.6.2016

Proba de avaliación

18.30 horas

UN16013

Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

26.9.2016 25.10.2016

27.10.2016

Proba de avaliación

16.30 horas

(1) As datas e horarios das sesións presenciais figuran na ficha da actividade formativa, dispoñible na páxina web da EGAP:

http://egap.xunta.es/cursosportada/ListadoCursos