Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 3 de outubro de 2011 Páx. 29074

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

1. O planeamento xeral actualmente vixente no termo municipal de Ourense é o Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado definitivamente por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 16 de setembro de 1986.

Este plan recobrou a súa vixencia tras a firmeza da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17 de abril de 2008, que anula a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de abril de 2003, pola que se aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense; sentenza confirmada en casación polo Tribunal Supremo (Sentenza do 9.3.2011).

O PXOU de 1986 elaborouse ao abeiro do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana de 1976. Por tanto, non se atopa adaptado á normativa urbanística vixente, de tal xeito que na súa aplicabilidade actual debe terse en consideración a súa suxeición ao xogo combinado das determinacións establecidas na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; e nomeadamente na súa disposición transitoria primeira sobre o réxime urbanístico aplicable nos municipios con planeamento non adaptado á LOUG.

2. A inadecuación e disparidade entre o PXOU de 1986 e a realidade existente no termo municipal de Ourense, así como a inadaptación ás lexislacións urbanística e sectorial vixentes, motivou que o Concello de Ourense, en sesión plenaria do 24 de marzo de 2011, acordase solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a incoación do expediente previsto no artigo 96 da LOUG; para que unha vez tramitado, o Consello da Xunta acordase a suspensión parcial do PXOU de 1986 e aprobase a correspondente ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo plan.

Para estes efectos, o Concello propuxo que se aprobase como ordenación provisional de vinte e un ámbitos territoriais a do PXOM de 2003; así como a aprobación da Normativa xeral de edificación e o Catálogo de edificios para conservar dese mesmo plan de 2003.

Esa petición que formulou o Concello de Ourense ao Consello da Xunta, de suspensión parcial do PXOM de 1986, baséase en dous fundamentos:

• Dunha banda, a obsolescencia sobrevida do plan de 1986, debido á substancial modificación do marco lexislativo urbanístico acaída polo texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana aprobado por Real decreto 346/1976 e a radical mutación da normativa sectorial reguladora en materia de patrimonio cultural, estradas, avaliación ambiental ou dominio público hidráulico.

• E doutra, a situación de inseguridade xurídica a que se ven abocadas as actuacións urbanísticas de planeamento, xestión e intervención no uso do solo, aprobadas en desenvolvemento do PXOM de 2003.

3. O Concello de Ourense xustifica a elección dos ámbitos que se van ordenar provisionalmente incidindo na necesidade de posibilitar a execución de actuacións de interese público. Nese senso, cómpre sinalar que todos os instrumentos urbanísticos aprobados teñen declarada a súa utilidade pública e función social por lei, en virtude do disposto nos artigos 4 e 98 da LOUG e 2 e 3 do Real decreto 2/2008, do 21 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

En consecuencia, para interesar unha suspensión parcial do PXOU de 1986 e a súa substitución por unha ordenación provisional, é necesario xustificar a concorrencia dun interese público de carácter excepcional nos ámbitos propostos, de forma que se acredite que acadan un carácter estratéxico por mor da afección a elementos fundamentais da estrutura xeral e orgánica do territorio, que os diferencie claramente do resto dos ámbitos; de xeito que non poida caber a súa percepción como reservas de dispensación, prohibidas polo artigo 101.2 da LOUG.

4. A proposta elevada polo Pleno do Concello de Ourense foi analizada por unha comisión mixta con representación autonómica e municipal, constituída como grupo técnico de traballo, de acordo cos principios de cooperación, coordinación, asistencia activa e información recíproca, nos termos establecidos no artigo 4 da LOUG.

Da análise desenvolvida nas reunións mantidas ao respecto, o grupo de traballo concluíu identificando dezaséis ámbitos nos cales se considera que concorre un especial interese xeral, polo seu carácter dotacional público, a afección a elementos fundamentais da estrutura xeral e orgánica do territorio, o seu grao de desenvolvemento ou pola súa inclusión nun plan estratéxico municipal:

1. AR 43-O Remedios I:

edificio xudicial e centro de saúde no Couto

2. Modificación puntual n.º 21:

Residencia Xeriátrica e Centro de Día do Couto

3. Modificación puntual n.º 25 AR 38-O:

Centro Sociocultural da Muñeira

4. Modificación puntual n.º 11:

equipamento deportivo e sanitario

5. Proxecto de expropiación Ponte Lebrona:

Confederación Hidrográfica

6. AR 36-N Campo de Santiago:

termalismo

7. APR 02-N As Caldas:

termalismo Campo da Feira

8. Plan de sectorización industrial:

Santa Cruz de Arrabaldo

9. MP PP SURBZ-20 Fonsillón - A Farixa:

execución vías estruturantes

10. AR 26-O Polvorín 5:

execución vías estruturantes

11. SURBZ 13 O Polvorín:

execución vías estruturantes

12. AR 39-E predio Mariñamansa:

execución vías estruturantes

13. Modificación puntual n.º 23 AR 27-E:

execución vías estruturantes

14. Modificación puntual n.º 22 APR 04-E:

accesibilidade barrio do Cuco

15. AR 22-O Polvorín 1:

execución vías estruturantes

5. O grupo de traballo tamén acordou manter a vixencia como ordenación provisional, do Catálogo de edificios que se van protexer correspondente ao PXOM de 2003, consolidado de resultas do Catálogo do medio urbano, do medio rural e arqueolóxico, coa modificación puntual n.º 1 AD 06/10/2006; modificación puntual n.º 13 Subdelegación de Goberno AD 05/06/2008; modificación puntual n.º 21 Radio Ecca AD 04/08/2009 e modificación puntual n.º 29 Banco de España AD 13/12/2010.

6. Doutra banda, enténdese obrigado o recoñecemento do grao de cumprimento dos deberes de execución do planeamento urbanístico, que foron desenvolvidos de conformidade coa lexislación urbanística vixente –o PXOM do concello de Ourense de 2003 foi o primeiro plan xeral adaptado á LOUG– e conforme os prazos ou plans de etapas establecidos.

Xa que logo, os propietarios dos ámbitos que teñen acadada a aprobación definitiva do instrumento de equidistribución, polo que ao abeiro do establecido no artigo 128.2.a) da LOUG teñen cumprido co deber de cesión e de distribución de cargas e beneficios; así como acreditada a posibilidade de executar as obras do proxecto de urbanización aprobado definitivamente, son merecentes de conservar con plenitude os seus dereitos.

En consecuencia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera procedente tender cara á suspensión do PXOU de 1986, ao grao de execución do planeamento desenvolvido do PXOM de 2003, concretamente á aprobación definitiva do instrumento de equidistribución e do proxecto de urbanización.

7. O PXOM de 2003 incluía a delimitación de 181 ámbitos de desenvolvemento: 138 ámbitos de solo urbano non consolidado e 43 sectores de solo urbanizable. Analizado o seu grao de execución ata a anulación do PXOM en marzo de 2011, púidose comprobar que vinte e un deses ámbitos contan con instrumento de planeamento de desenvolvemento (Plan Parcial ou Especial), xestión (proxecto de compensación, reparcelamento ou expropiación) e urbanización (proxecto de urbanización) aprobados definitivamente.

Deses vinte e un, seis son dos recoñecidos no número 5 anterior como de excepcional interese xeral (AR 43-O Remedios I; MP n.º 25 AR 38-O A Muiñeira; MP PP SURBZ-20 A Farixa; AR 39-E Mariñamansa; AR-22-O e AR-26-O) sendo os outros quince:

1. AR 11-E camiño Fonte do Monte:

proxecto de equidistribución AD 25/10/2007

proxecto de urbanización AD 13/03/2008

2. AR 14-E San Francisco II:

proxecto de equidistribución AD 09/09/2004

proxecto de urbanización AD 30/03/2008

3. AR 20-E Barrocás:

proxecto de equidistribución AD 19/04/2007

proxecto de urbanización AD 22/11/2007

4. AR 36-E predio Murias:

proxecto de equidistribución AD 10/05/2007

proxecto de urbanización AD 10/09/2009

5. AR 46-E A Sobreira:

proxecto de equidistribución AD 23/09/2004

proxecto de urbanización AD 12/05/2005

6. AR 06b-N Eiroás II:

proxecto de equidistribución AD 19/02/2008

proxecto de urbanización AD 18/09/2008

7. AR 13-N Covadonga:

proxecto de equidistribución AD 02/10/2008

proxecto de urbanización AD 16/04/2009

8. AR 16-N Alejandro Pedrosa:

proxecto de compensación AD 29/06/2006

proxecto de urbanización AD 10/08/2006

9. AR38-N A Chavasqueira II:

proxecto de compensación AD 26/03/2009

proxecto de urbanización AD 17/09/2009

10. AR 40b-N rúa das Travesas:

proxecto de equidistribución AD 22/03/2007

proxecto de urbanización AD 12/04/2007

11. AR 43-N Eira Vella:

proxecto de equidistribución AD 07/06/2007

proxecto de urbanización AD 19/06/2008

12. AR 14b-O praza Sagrado Corazón:

proxecto de equidistribución AD 25/10/2007

proxecto de urbanización AD 14/02/2008

13. AR 16-O rúa da Sila:

proxecto de compensación AD 15/05/2008

proxecto de urbanización AD 11/12/2008

14. AR 40-O rúa do Entroido:

proxecto de equidistribución AD 29/04/2004

proxecto de urbanización AD 08/07/2004

15. SURBZ O8C Covadonga:

proxecto de equidistribución AD 31/05/2007

proxecto de urbanización AD 13/12/2007

8. De canto antecede, conclúese que concorren circunstancias obxectivas que determinan a necesidade de atallar as consecuencias indesexables que derivan da aplicación, en determinados ámbitos, da ordenación actualmente vixente establecida polo Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986.

Co obxectivo de superar a situación descrita e o actual escenario de incerteza na regulamentación urbanística do termo municipal de Ourense, desde o máis estrito respecto á legalidade vixente, ao desenvolvemento sustentable do territorio e á cohesión social da poboación, instrumentouse a incoación do expediente e o procedemento previsto no artigo 96 da LOUG respecto da suspensión parcial do PXOU de 1986 e a aprobación da ordenación urbanística provisional correlativa; que estará en vigor con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo planeamento.

9. Ao abeiro da competencia atribuída polo artigo 96.2 da LOUG, e de conformidade coas competencias atribuídas polo Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 27 de xullo de 2011, acordou iniciar o expediente de suspensión da vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ourense, nos ámbitos referidos nos números 4, 5 e 7.

O acordo de inicio de suspensión parcial da vixencia do PXOU de Ourense foi obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 150, do 5.8.2011).

10. Conferido o preceptivo trámite de audiencia ao concello de Ourense establecido no artigo 96.1 da LOUG, con data do 9.8.2011 recibiuse escrito de alegacións; no cal o Concello de Ourense solicita que, ademais dos ámbitos obxecto do acordo de inicio, de data 27 de xullo de 2011, do expediente de suspensión da vixencia deste plan, se incorporen dous ámbitos de excepcional interese público supramunicipal:

• Modificación n.º 28 do anterior PXOM que incorpora o Plan Especial de Protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado.

• Modificación n.º 24 do anulado PXOM de 2003.

Na súa alegación abunda o Concello de Ourense que entre os motivos de excepcional interese público que xustifican a medida singular de suspensión e ordenación provisional neses dous ámbitos se atopan posibilitar actuacións públicas; a obtención de dotacións públicas, en especial de sistemas xerais e nomeadamente de aqueles que sexan de importancia estratéxica; e a execución de accións de interese estratéxico para a cidade.

11. Analizada a alegación formulada polo Concello de Ourense no seo do trámite de audiencia, cómpre formular as seguintes observacións:

a) Respecto da solicitude municipal de inclusión na ordenación provisional, do ámbito da modificación puntual n.º 28 do PXOM de 2003 nas fontes termais das Burgas e o seu contorno, enténdese xustificado o excepcional interese público da suspensión do planeamento actualmente vixente para este ámbito.

En todo caso, e considerando que ese ámbito foi obxecto de declaración de BIC mediante o Decreto 17/2007, polo que se declara ben de interese cultural coa categoría de sitio histórico o conxunto de fontes termais das Burgas e o seu contorno, é obriga inescusable a tramitación e aprobación dun Plan Especial de Protección do ámbito, ao abeiro dos artigos 20 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, de patrimonio histórico español; e artigos 45.1 e 48.1 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

b) No referente ao ámbito da modificación puntual n.º 24 do PXOM de 2003, no campus universitario e o seu contorno, cómpre sinalar que esta foi obxecto de análise pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia en sesións do 15.12.2009, 17.3.2010, 2.12.2010 e 2.3.2011 ao abeiro do establecido no artigo 94.4 da LOUG, sen que acadase o preceptivo informe favorable ao respecto; polo que non procede aceptar a alegación formulada polo Concello de Ourense neste ámbito.

12. Doutra banda, e examinados os ámbitos contidos no acordo de inicio do expediente de suspensión, constátase que o ámbito 21 do anexo do acordo de inicio, AR 06b-N Eiroás II, atópase xa incluído no ámbito da modificación puntual n.º 11 do PXOM de 2003 (ámbito 4 do anexo), polo que xa non cabe facer referencia a el.

13. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, na súa sesión do 21 de setembro de 2011, emitiu informe favorable do expediente, ao abeiro do establecido no artigo 163.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento, en relación coa disposición transitoria terceira da LOUG.

Por todo o exposto, e de conformidade co disposto no artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de acordo co ditame da Comisión Superior de Urbanismo, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e nove de setembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Suspéndese parcialmente, para a súa revisión, de conformidade co disposto polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ourense, aprobado definitivamente por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas o 16 de setembro de 1986, así como os demais instrumentos de ordenación urbanística aprobados no seu desenvolvemento, nos ámbitos relacionados no anexo I deste decreto.

Artigo 2.

Apróbase a ordenación provisional que se insire no anexo II deste decreto, que estará vixente nos ámbitos obxecto de suspensión, con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Disposición adicional.

Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para ditar cantas resolucións resulten necesarias para a debida execución e aplicación deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de setembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I
Ámbitos en que se suspende a vixencia do PXOU de Ourense de 1986

1. AR 43-O Remedios I.

2. Modificación puntual n.º 21.

3. Modificación puntual n.º 25 AR 38-O.

4. Modificación puntual n.º 11.

5. Proxecto de expropiación Ponte Lebrona.

6. AR 36-N Campo de Santiago.

7. APR 02-N As Caldas.

8. Plan de sectorización industrial Santa Cruz de Arrabaldo.

9. MP PP SURBZ-20 Fonsillón-A Farixa.

10. AR 26-O O Polvorín 5.

11. SURBZ 13 O Polvorín.

12. AR 39-E predio Mariñamansa.

13. AR 27-E.

14. Modificación puntual n.º 22 APR 04-E.

15. AR 22-O Polvorín 1.

16. AR 11-E Camiño Fonte do Monte.

17. AR 14-E San Francisco II.

18. AR 20-E Barrocás.

19. AR 36-E predio Murias.

20. AR 46-E A Sobreira.

21. AR 13-N Covadonga.

22. AR 16-N Alejandro Pedrosa.

23. AR38-N A Chavasqueira II.

24. AR 40b-N rúa das Travesas.

25. AR 43-N Eira Vella.

26. AR 14b-O praza Sagrado Corazón.

27. AR 16-O rúa da Sila.

28. AR 40-O rúa do Entroido.

29. SURBZ O8C Covadonga.

30. BIC do conxunto de fontes termais das Burgas e o seu contorno.

31. Catálogo de edificios que se van protexer.

ANEXO II
Ordenación provisional dos ámbitos obxecto de suspensión da vixencia
do PXOU de Ourense de 1986

1. AR 43-O Remedios I.

O ámbito é o da área de repartición AR 43-O Remedios I do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

2. Modificación puntual n.º 21.

O ámbito é o da modificación puntual n.º 21 do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente as da modificación puntual n.º 21, aprobada por Orde da CMATI do 4 de agosto de 2009 (DOG n.º 190, do 28 de setembro).

3. Modificación puntual n.º 25 AR 38-O.

O ámbito é o da área de repartición AR 38-O do PXOM de 2003, nos terreos obxecto da modificación puntual n.º 25.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente as reflectidas na modificación puntual n.º 25, aprobada definitivamente por Orde da CMATI do 16 de xullo de 2010 (DOG n.º 145, do 30 de xullo).

4. Modificación puntual n.º 11.

O ámbito é o da modificación puntual n.º 11 do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente na modificación puntual n.º 11, aprobada definitivamente mediante Orde da CPTOPT do 25 de setembro de 2007 (DOG n.º 197, do 10 de outubro).

5. Proxecto de expropiación Ponte Lebrona.

O ámbito correspóndese co do proxecto de expropiación para a obtención de terreos de sistema xeral de equipamento, instalacións urbanas entre as rúas Ponte Lebrona, Francisco Lloréns, avenida Pardo de Cela e o ámbito expropiado pola Confederación Hidrográfica para o acondicionamento dos colectores e interceptores da marxe dereita do río Miño, tramo: Ponte Nova-balneario; proxecto de expropiación que foi aprobado definitivamente por acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 30 de abril de 2009.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente as do acordo plenario do 5 de marzo de 2010 de alteración do uso dotacional de instalacións urbanas a uso dotacional, instalacións urbanas, administrativo e sociocultural (DOG n.º 64, do 7 de abril de 2010).

6. AR 36-N Campo de Santiago.

O ámbito é o da área de repartición AR 36-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

7. APR 02-N As Caldas.

O ámbito é o da área de planeamento remitido APR 02-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente o contido do Plan Especial de Reforma Interior do APR 02-N As Caldas, aprobado definitivamente polo Concello Pleno de Ourense, en sesión do 4 de febreiro de 2011 (DOG n.º 48, do 10 de marzo).

8. Plan de sectorización industrial en Santa Cruz de Arrabaldo.

A delimitación e a ordenación deste ámbito son as propostas polo Concello de Ourense, no trámite de audiencia, con data de entrada na CMATI o 9.8.2011.

Esta delimitación e ordenación provisional reflíctense no anexo III deste decreto.

9. MP PP SURBZ-20 Fonsillón-A Farixa.

O ámbito é o do sector de solo urbanizable 20 A Farixa do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do Plan Parcial do SU 20 Fonsillón-A Farixa, aprobado definitivamente polo Concello Pleno de Ourense, en sesión do 5 de maio de 2006 (DOG n.º 110, do 9 de xuño) e obxecto de modificación puntual aprobada definitivamente o 13 de xuño de 2008 (DOG n.º 151, do 6 de agosto).

10. AR-26-O Polvorín 5.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 26-O do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

11. SURBZ 13 O Polvorín.

O ámbito é o do sector SURBZ 13 O Polvorín do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do Plan Parcial do SURBZ 13 O Polvorín aprobado definitivamente polo Concello Pleno de Ourense, en sesión do 3 de xullo de 2009 (DOG n.º 168, do 27 de agosto).

12. AR 39-E predio Mariñamansa.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 39-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003.

13. AR 27-E.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 27-E do PXOM de 2003, agás na zona da rúa Reza, afectada pola Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza número 567/2007, do 12 de xullo, ditada no procedemento ordinario 4701/2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, tendo en conta a citada sentenza 567/2007.

14. Modificación puntual n.º 22 APR 04-E.

O ámbito é o da área de planeamento remitido APR 04-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente as da modificación puntual n.º 22 do citado plan xeral, aprobada definitivamente por Orde da CMATI do 25 de febreiro de 2010 (DOG n.º 50, do 15 de marzo).

15. AR 22-O Polvorín 1.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 22-O do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente as contidas na modificación puntual n.º 4, aprobada definitivamente pola Orde da CPTOPT do 1 de decembro de 2006 (DOG n.º 244, do 21 de decembro).

16. AR 11-E Camiño Fonte do Monte.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 11-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento, nomeadamente a modificación puntual n.º 5 aprobada por Orde da CPTOPT (DOG do 1 de xuño de 2006).

17. AR 14-E San Francisco II.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 14-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

18. AR 20-E Barrocás.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 20-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

19. AR 36-E predio Murias.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 36-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

20. AR 46-E A Sobreira.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 46-E do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

21. AR 13-N Covadonga.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 13-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

22. AR 16-N Alejandro Pedrosa.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 16-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

23. AR38-N A Chavasqueira II.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 38-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

24. AR 40b-N rúa das Travesas.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 40b-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

25. AR 43-N Eira Vella.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 43-N do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

26. AR 14b-O praza Sagrado Corazón.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 14b-O do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

27. AR 16-O rúa da Sila.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 16-O do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

28. AR 40-O rúa do Entroido.

O ámbito correspóndese co da área de repartición AR 40-O do PXOM de 2003.

Establécese como ordenación provisional a do PXOM de 2003, así como todas as determinacións incluídas no planeamento de desenvolvemento.

29. SURBZ O8C Covadonga.

O ámbito correspóndese co do sector SURBZ 08C Covadonga do PXOM de 2003.

A ordenación provisional que se establece é a do Plan Parcial SURBZ 08C Covadonga, aprobado definitivamente polo Concello Pleno de Ourense en sesión do 7 de outubro de 2005 (DOG n.º 217, do 11 de novembro).

30. As Burgas.

A delimitación deste ámbito correspóndese coa establecida no Decreto 17/2007, do 8 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, o conxunto de fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado no Concello de Ourense (DOG n.º 41, do 27 de febreiro).

Este solo clasifícase como solo urbano, ordenado mediante o correspondente Plan Especial de Protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno, en cumprimento do disposto nos artigos 20 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, de patrimonio histórico español, e 48 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

31. Catálogo de edificios que se van protexer.

Establécese como ordenación provisional o Catálogo de edificios que sen van protexer correspondente ao PXOM de 2003, coa modificación puntual n.º 1 AD 06/10/2006 (DOG n.º 211, do 2 de novembro); modificación puntual n.º 13 Subdelegación de Goberno AD 05/06/2008 (DOG n.º 148, do 1 de agosto); modificación puntual n.º 21 Radio Ecca AD 04/08/2009 (DOG n.º 190, do 28 de setembro) e modificación puntual n.º 29 Banco de España AD 13/12/2010 (DOG n.º 246, do 24 de decembro).

ANEXO III
Solo industrial en Santa Cruz de Arrabaldo

Delimitación do ámbito.

Condicións de ordenación.

Delimitarase un único sector que será obxecto de desenvolvemento mediante un plan de sectorización formando dous ámbitos. O ámbito denominado SUND-Industrial zona oeste, ten unha superficie bruta de 46.113 m², na cal debe establecerse unha reserva de sistema xeral para instalar unha depuradora; e o ámbito denominado SUND-Industrial zona leste, cunha superficie bruta de 47.652 m² coincidente coa neta. O solo de sistema xeral e local viario de conexión incluído conta cunha superficie de 3.285 m².

Delimítase unha superficie de solo destinado a sistema xeral adscrito de 9.300 m² situados no Parque de Montealegre, clasificados como sistema xeral de zonas verdes, de titularidade municipal obtido por expropiación, polo que a superficie bruta total do ámbito de actuación é de 105.952 m², dos cales a área delimitada como solo urbanizable non delimitado ten unha superficie de 96.652 m² e 9.300 m² e son sistemas xerais adscritos.

En cumprimento do artigo 46.1 da LOUG, a ocupación máxima das construcións que o Plan de Sectorización programe non poderá ser superior ás dúas terceiras partes do ámbito, excluídos os sistemas xerais adscritos.

O Plan de Sectorización deberá establecer unha reserva mínima de 10.000 m2 de superficie con destino a matadoiro municipal.

O planeamento de desenvolvemento preverá a conexión coa estrada N-120, con cumprimento das condicións establecidas polo organismo titular da estrada, incluíndo as obras e a obtención de terreos exteriores ao sector que se delimite, se for necesario.

6931p.pdf