Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx. 16443

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xuño de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 118/2011, do 16 de xuño, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas.

Por Decreto 118/2011, do 16 de xuño, transfórmanse institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, fusiónanse centros educativos e se cambian ensinanzas.

Resulta necesario regular o proceso de adscrición do persoal docente dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres afectados polo decreto e os criterios de prioridade para a adscrición do alumnado naqueles supostos nos que as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato se trasladan a máis dun instituto.

A disposición derradeira primeira habilita a persoa titular da consellería de Educación e Ordenación Universitaria a ditar as disposicións que procedan no desenvolvemento e execución deste decreto nos seu ámbito competencial.

Na súa virtude, esta consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. O persoal do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, das especialidades comprendidas entre os códigos 590001 e 590061, ambas incluídas, agás a especialidade 590018 -orientación educativa- con destino nos institutos de educación secundaria que se transforman en centros integrados de formación profesional e que se relacionan no anexo I do Decreto 118/2011, do 16 de xuño, cesan neste con efectividade do 31 de agosto de 2011, sen prexuízo de que permanecerán no mesmo ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso académico 2010-2011.

Segundo. O persoal docente do corpo de mestres, das especialidades relacionadas no punto anterior, que teña destino definitivo para o curso académico 2011-2012 nun instituto de educación secundaria que se transforma en centro integrado de formación profesional poderán adscribirse con carácter definitivo no centro ou centros receptores das ensinanzas, nun número por especialidade igual ao que se publica no anexo I desta orde. Está adscrición terá efectividade do 1 de setembro de 2011.

Terceiro. O persoal docente do corpo de profesores de ensino secundario, das especialidades relacionadas no punto primeiro, que teña destino definitivo para o curso académico 2011-2012 nun Instituto de Educación Secundaria que se transforma en centro integrado de formación profesional poderá adscribirse con carácter definitivo no centro ou centros receptores das ensinanzas, nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo II desta orde. Esta adscrición terá efectividade do 1 de setembro de 2011.

Cuarto. O persoal docente do Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha de Ferrol, o profesorado de educación física do Instituto de Educación Secundaria As Lagoas de Ourense, e o profesorado de idiomas do Centro Integrado de Formación Profesional Valentín Paz Andrade de Vigo, poderán adscribirse con carácter definitivo as vacantes que se relacionan no anexo III desta orde. Para estes efectos terase en conta que as prazas de inglés do Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio de Vigo, serán atribuídas entre o profesorado deste.

Así mesmo, serán atribuídas ao profesorado de inglés do CIFP Paseo das Pontes, da Coruña, e do CIPF Portovello de Ourense, as prazas que se relacionan no anexo III desta orde.

Quinto. A prioridade do persoal docente para adscribirse con carácter definitivo no centro receptor das ensinanzas ou para quedar suprimido ou desprazado por falta de horario virá determinada pola especialidade da praza da que é titular e, en segundo lugar, pola aplicación dos criterios establecido no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el. Para estes efectos terase en conta que un catedrático soamente terá prioridade cando no centro receptor de ensinanzas non haxa catedrático ou catedrática da especialidade.

Sexto. O profesorado que teña destino definitivo no curso académico 2011-2012 nunha praza das especialidades de formación profesional específica e estea afectado polo cambio de ensinanzas previsto no artigo 3 do Decreto 118/2011, do 16 de xuño, quedará adscrito con carácter definitivo ao centro receptor de ensinanzas, con efectividade do 1 de setembro de 2011. Sen prexuízo do anterior, permanecerán no centro de procedencia ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso académico 2010-2011.

Sétimo. O persoal funcionario docente que non poida quedar adscrito definitivamente deberá optar por quedar suprimido ou con destino definitivo no centro receptor de ensinanzas. Neste último suposto, este persoal funcionario docente quedará desprazado por falta de horario e deberá participar obrigatoriamente na adxudicación provisional de destinos e nos concursos de traslados ata a obtención dun novo destino definitivo.

Oitavo. O persoal funcionario docente non poderá optar por quedar como suprimido ou desprazado por falta de horario se quedan prazas da súa especialidade sen cubrir no centro receptor de ensinanzas.

Noveno. O persoal funcionario docente que como consecuencia do Decreto 118/2011, do 16 de xuño, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas e do establecido nesta orde, se adscriba con carácter definitivo no centro receptor de ensinanzas, manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

Décimo. O persoal docente formulará a súa solicitude de integrarse con destino definitivo no centro receptor das ensinanzas ou de pasar á situación de suprimido ou desprazado por falta de horario, nunha reunión convocada pola dirección do centro que se transforma en Centro Integrado de Formación Profesional ou do centro do que se trasladan as ensinanzas, que terá lugar antes do 30 de xuño de 2011. A dirección do centro levantará acta da reunión, facendo constar a opción de cada unha das funcionarias e funcionarios docentes e remitiraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e unha copia á xefatura territorial correspondente.

Décimo primeiro. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia os destinos do persoal docente que o obteña con carácter definitivo.

Décimo segundo. A dirección dos institutos de educación secundaria que se transforman en centros integrados de formación profesional e os institutos que se fusionan cesan con efectividade do 30 de xuño de 2011.

Décimo terceiro. Para a asignación de postos escolar ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato dos institutos que se transforman en centros integrados de formación profesional, cando exista máis demanda que oferta nos centros receptores de ensinanzas, dentro da mesma localidade aplicáranse, por esta orde, os seguintes criterios: ter irmáns no centro, pertencer a zona de influencia do centro, a letra do primeiro apelido segundo o resultado do sorteo do ano 2011. A oferta de prazas será determinada pola inspección educativa.

Décimo cuarto. As xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptarán as medidas oportunas en relación cos traslados de material que sexa necesario efectuar.

Disposición adicional primeira.

O profesorado do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de Tecnoloxía que imparte módulos de ciclos formativos no CIFP de Coroso poderá continuar impartíndoos indefinidamente.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Centro

Especialidade

IES Sofía Casanova de Ferrol

1 de ciencias socias: xeografía e historia

IES número 1 de Ribeira

1 de lingua castelá e literatura

IES As Lagoas de Ourense

1 de lingua galega e literatura

IES a Xunqueira II de Pontevedra

1 de lingua castelá e literatura

1 de lingua galega e literatura

ANEXO II

Centro

Especialidade

IES Salvador de Madariaga - A Coruña

1 de lingua castelá e literatura

1 de xeografía e historia

1 de música

IES Rafael Dieste A Coruña

1 de economía

IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol

1 de lingua castelá e literatura

1 de inglés

IES Concepción Arenal de Ferrol

1 de latín

1 de lingua castelá e literatura

1 de xeografía e historia

2 de matemáticas

1 de física e química

IES Sofía Casanova de Ferrol

1 de filosofía

2 de lingua castelá e literatura

1 de xeografía e historia

1 de matemáticas

1 de física e química

1 de debuxo

1 de francés

1 de inglés

1 de tecnoloxía

1 de lingua galega e literatura

IES número 1 de Ribeira

1 de lingua castelá e literatura

2 de xeografía e historia

2 de matemáticas

1 de bioloxía e xeoloxía

1 de francés

1 de música

1 de tecnoloxía

1 de lingua galega e literatura

IES Leliadoura de Ribeira

1 de lingua castelá e literatura

IES Sanxillao de Lugo

1 de filosofía

1 de latín

1 Lingua castelá e literatura

2 de xeografía e historia

1 de matemáticas

1 de física e química

1 de bioloxía e xeoloxía

1 de música

1 de tecnoloxía

IES As Lagoas de Ourense

2 de lingua castelá e literatura

1 de xeografía e historia

2 de inglés

1 de música

1 de lingua galega e literatura

IES A Xunqueira I

1 de debuxo

1 de francés

IES A Xunqueira II

1 de filosofía

2 de lingua castelá e literatura

1 de xeografía e historia

2 de matemáticas

1 de lingua galega e literatura

IES Ricardo Mella de Vigo

1 de matemáticas

1 de xeografía e historia