Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.251

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 63, do 2 de abril de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

No artigo 2.2 letra c), na páxina 4.115, onde di: «Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:...», debe dicir: «Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa, e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:...».

No artigo 5 letra 5, na páxina 4.117, parágrafo 3, alínea 7, onde di: «Especificación de se o animal está destinado a convivir cos seres humanos ou se finalidades distintas como a garda, defensa ou outra que se indique», debe dicir: «Especificación de se o animal está destinado a convivir cos seres humanos ou se ten finalidades distintas como a garda, defensa ou outra que se indique».