Advertidos erros na publicación do devandito decreto lexislativo, producida no DOG nº 214 do venres 5 de novembro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:
Na páxina 12.973, columna esquerda, disposición adicional única, di: «As remisións e referencias normativas á Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, entenderanse feitas, no sucesivo, ó texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia» e debe dicir: «As remisións e referencias normativas á Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, entenderanse feitas, no sucesivo, ó texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia».
Na páxina 12.975, columna esquerda, artigo 10º, onde di: «... se refire a esta lei,...», debe dicir: «... se refire esta lei,...». Igualmente, na columna dereita, artigo 12º.2, onde di: «... aplicable a esta lei.», debe dicir: «... aplicable esta lei.».
Na páxina 12.978, columna dereita, artigo 25º.2, onde di: «... do Parlamento dentro dos tres...», debe dicir: «... do Parlamento, dentro dos tres...».
Na páxina 12.982, artigo 49º, regra primeira b), onde di: «... consecución dos destes.», debe dicir: «... consecución destes.».
Na páxina 12.984, columna dereita, artigo 58º.4, onde di: «... asina-la da escritura...», debe dicir: «... asina-la escritura...». No punto 5, segundo parágrafo, onde di: «... una vez...», debe dicir: «... unha vez...».
Na páxina 12.986, columna dereita, artigo 66º d), onde di: «... transferidos do Inserso...», debe dicir: «... transferidos do Imserso...».
Na páxina 12.994, columna dereita, artigo 96º.2, onde di: «... avoga-lo...», debe dicir: «... avoca-lo...».
Na páxina 12.995, columna esquerda, artigo 97º.5, onde di: «... acordar en que casos...», debe dicir: «... acordar en qué casos...».
Na páxina 12.996, columna esquerda, artigo 102º.2, cuarto parágrafo, onde di: «... do dicto acto», debe dicir: «... do dito acto».
Na páxina 12.997, columna dereita, artigo 106º.5, onde di: «... se é o caso a...», debe dicir: «... se é o caso, a...».
Na páxina 13.001, columna esquerda, artigo 125º.3, onde di: «... os intereses...», debe dicir: «... os xuros...». Máis adiante, no artigo 126º, onde di: «... ás que o este...», debe dicir: «... ás que este...». Por último, na disposición adicional segunda, onde di: «... conta a Comisión...», debe dicir: «... conta á Comisión...». Así mesmo, na columna dereita da devandita páxina, terceira liña do punto 2 da disposición derradeira única, onde di: «... financeiro e orzamentario de...», debe dicir: «... financeiro e presupostario de...».