Que é XuntaEu e como podo acceder?
Que é XuntaEu?

XuntaEu é unha aplicación móbil que facilita, a través de dispositivos móbiles, o acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.

Quen pode acceder a XuntaEu?

Calquera cidadán ou cidadá pode acceder a XuntaEu.

Como podo acceder?

Podes entrar na app identificándote con Chave365 ou con DNIe.

Como podo acceder con Chave365?

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns e cidadás maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. 

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Atoparás máis información en:

Como podo acceder mediante DNIe?

Para poder acceder mediante DNIe deberás dispoñer de XuntaEu instalada nun dispositivo móbil con sistema operativo Android e que teña tecnoloxía NFC (Near Field Communication).

Tamén deberás ter un DNIe 3.0 o 4.0 e coñecer o seu contrasinal. Deberás activar o NFC no teu dispositivo. Para iso vai aos axustes do dispositivo, busca a opción NFC e actívaa.

Onde podo descargar a app?

XuntaEu está dispoñible tanto para móbiles do sistema operativo Android como IOs.

Podes descargala aquí: 

 

Que podo facer con XuntaEu?
Que servizos me ofrece XuntaEu?

Con XuntaEu podes acceder a todos estes servizos: 

  • Notificacións: podes consultar as notificacións electrónicas postas á túa disposición en Notifica.gal, aceptándoas ou rexeitándoas segundo corresponda. 
  • Expedientes e presentacións: consulta a información básica dos expedientes e presentacións nos que figures como persoa solicitante e/ou representante. É a mesma información que figura na sede electrónica da Xunta.
  • Certificados: tamén podes consultar nesta app a lista dos teus certificados. 
  • Chave365: podes acceder á túa información no sistema Chave365 (data de alta, data da próxima renovación, caducidade do teu usuario...). Ademais destas consultas, podes, desde esta aplicación, cambiar a túa clave, cambiar o número de teléfono ou darte de baixa no sistema. 
  • Verificación CVE:XuntaEu permíteche comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente. Podes facer esta comprobación de dúas formas: de maneira manual, escribindo o código CVE que figura no documento ou  empregando a cámara do teu dispositivo móbil, escaneando o código QR que figura xunto ao CVE no documento.
  • Tarxetas: leva contigo as túas tarxetas ou carnés emitidos pola Xunta de Galicia. Unha forma sinxela e segura para telas sempre a man. 
  • Apoderamentos: se outorgaches ou recibiches apoderamentos a través do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia tamén están á túa disposición en XuntaEu. Tamén che permite conceder novos apoderamentos. 

Ademais, XuntaEu tamén che ofrece:

  • A posibilidade de consultar as aquelas citas que solicitases para as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro ou coas consellerías. Tamén tes a posibilidade de modificar unha cita xa programada, eliminala ou solicitar unha nova.
  • Recibir avisos personalizados no teu móbil. Chegaranche como unha notificación para que te decates de que tes dispoñible información do teu interese.
  • Consultar e/ou modificar os datos persoais que consten na túa carpeta cidadá (teléfonos, correo electrónico, enderezo...).

 

Que certificados podo consultar na app?

A app pode recibir certificados desde calquera sistema da Xunta de Galicia para que o cidadán ou cidadá os poida consultar.

Neste momento os certificados dispoñibles en XuntaEu, que progresivamente se irán ampliando, son:

  • Certificado de habilitacións profesionais
  • Licenza de pesca marítima de recreo en superficie
  • Licenza de pesca marítima de recreo submarina
  • Licenza de pesca marítima de recreo en embarcacións.  
Que tarxetas podo consultar na app?

Ao acceder á sección de tarxetas atoparás unha lista con aquelas que tes dispoñibles. 

A integración de tarxetas/carnés será progresiva, co que irán engadíndose novidades proximamente!

Neste momento as que podes atopar son:

  • Carné Xove
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría B
Para que serve o código QR que sae nas miñas tarxetas?

O código QR que sae nunha tarxeta serve para poder verificar a súa validez.

Se precisas presentar unha tarxeta, a persoa que necesite verificar a súa validez poderá ler o devandito QR e seguir o enlace que nel apareza.

Amosaráselle una páxina web que indicará a validez ou non da tarxeta. Necesitará de conexión a internet para poder verificar a súa validez.

Como podo cambiar a clave de Chave365?

Para cambiar a túa clave de acceso de Chave365 deberás primeiro identificarte con Chave365 ou con DNIe na aplicación. 

A continuación preme en Chave365 e despois en "cambiar clave". 

A app solicitaráche a clave actual e a nova. 

Que é un PKPASS?

Un PKPASS é un tipo arquivo que contén todo o necesario para xerar unha tarxeta, un billete de embarque etc.

Este arquivo pode ser aberto e utilizado por unha aplicación de wallet ou billeteira, como pode ser o Apple Wallet en dispositivos iOS ou tamén por aplicacións de Android, como é o caso de WalletPasses.

Como se protexen os meus datos?
Como se protexen os meus datos?

Podes consultar con detalle as condicións de uso  de XuntaEu e a política de privacidade nas súas seccións específicas.

Que información de carácter persoal rexistra a aplicación sobre min?

En XuntaEu podes modificar os teus datos persoais (enderezo, teléfono, correo electrónico...).

A información que mostra a aplicación sobre ti é aquela da que xa dispón previamente a Xunta de Galicia.

Requírese que no primeiro acceso a XuntaEu consintas o acceso a eses datos. 

Esta aplicación xeolocalízame?

Non, a aplicación non usa o GPS nin ningunha utilidade de xeolocalización.