Xa se pode empregar o certificado dixital para acceder a XuntaEu

29/04/2024

Publicouse unha nova versión de XuntaEu que, como novidade principal, permite acceder á aplicación empregando un certificado dixital. 

Este novo método de acceso, dispoñible tanto para móbiles Android como iOS, vén a sumarse aos ata agora dispoñibles: Chave365 e DNIe (neste último caso para os móbiles Android). 
 
Outras melloras desta versión son que inclúe unha opción para recuperar a clave de acceso a Chave365 cando esta foi esquecida e tamén a incorporación dun novo acceso a "Contacta coa Xunta", onde figuran os teléfonos de referencia da atención cidadá e o acceso ao sistema de videointerpretación en lingua de signos.