Dispoñible unha nova versión para Android

20/02/2024

Xa se pode descargar a versión 1.1.1. de XuntaEu para os móbiles do sistema operativo Android. Incorpóranse nela correccións de incidencias que foron reportadas por usuarios da aplicación. 

Con estas actualizacións a Xunta de Galicia procura unha mellora dos servizos dixitais prestados a través de XuntaEu, así como do propio funcionamento desta.