Os títulos de familia numerosa súmanse ás tarxetas dispoñibles en XuntaEu

04/10/2023

Desde hoxe xa é posible levar sempre a man o título e o título individual de familia numerosa, que veñen de incorporarse ás tarxetas dispoñibles na app XuntaEu.

Ao acceder á app as persoas que dispoñan destes títulos poderán visualizalos no espazo de "tarxetas"

Súmanse, desta forma, dúas novas tarxetas ás que xa estaban dispoñibles, sendo neste momento:

  • Título de familia numerosa

  • Título individual de familia numerosa

  • Carné Xove

  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios

  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre

  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría A

  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría B

  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie

  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina

  • Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións 

 

Estas tarxetas/carnés dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.

As tarxetas tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. Ao premer sobre unha tarxeta mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR. 

Os títulos de familia numerosa súmanse ás tarxetas dispoñibles en XuntaEu