Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 6 actuacións:

C. de Facenda e Administración Pública

Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020

O Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020 da continuidade ao Plan de Modernización da Administración pública no relativo a implementación de iniciativas que fomenten o uso da administración electrónica por parte da cidadanía e no desenvolvemento dos desafíos propostos na Axenda Dixital para Galicia en este eido.

C. de Facenda e Administración Pública

Plan de acción 2015 de dotación e xestión sostible de medios no Posto de Traballo para a prestación dos servizos públicos dixitais a cidadáns e empresas

O Plan de acción 2015 de dotación e xestión sostible de medios no Posto de Traballo para a prestación dos servizos públicos dixitais a cidadáns e empresas recolle as principais iniciativas que a Amtega ven desenvolvendo nos últimos tempos en relación á dotación, supervisión e xestión integral do conxunto de medios materiais e ferramentas TIC empregadas diariamente nos postos instalados tanto para uso directo dos cidadáns coma os que corresponden a postos de traballo do persoal que ofrece os seus servizos na Xunta de Galicia.

C. de Facenda e Administración Pública

Plan de Banda Larga 2020

O Plan de Banda Larga de Galicia 2020 constitúe a aposta do Goberno galego para asegurar o despregamento e a adopción das novas redes de telecomunicación ultrarrápidas que constituirán as arterias da economía do futuro.

C. de Facenda e Administración Pública

Axenda Dixital de Galicia 2020

A Axenda Dixital de Galicia 2020 é unha estratexia coordinada e aliñada coas estratexias de ámbito nacional e europeo no que a uso das TIC se refire, que ven reforzar e reafirmar a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, introducindo elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas, como un factor imprescindible e clave para acadar os obxectivos de crecemento económico-social que se marca Galicia para o futuro.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011 - 2015 aspira a ser unha ferramenta chave para incrementar de xeito decisivo a competitividade de Galicia e o benestar de todos os galegos e galegas.

C. de Facenda e Administración Pública

2014.gal Axenda Dixital de Galicia

Dentro da estratexia do Goberno galego en materia de Sociedade da Información, xorde a Axenda Dixital de Galicia co obxectivo de maximizar o potencial das TIC como peza clave que axude a converter a economía actual nunha economía intelixente, sustentable e integradora, cun alto nivel de emprego, cohesión social e territorial no horizonte de 2014.