Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2024

No desenvolvemento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, o Issga planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais.

É obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, ao asesoramento técnico, á formación, á información e ao seguimento e control en materia de seguridade e saúde no traballo, na execución da vixente estratexia galega para o ano 2024.

Para a consecución dese obxectivo, este documento de planificación ten unha dobre finalidade:

  1. Por unha banda, servir de guión para a execución das funcións e o desenvolvemento das actividades técnicas que ten atribuídas o Issga.
  2. Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas a planificación das actividades e mesmo a busca de actores que se sumen a estas actuacións.

O plan, que se estrutura en seis eixes divididos en 13 obxectivos operativos e 69 fichas de actividade, acolle actuacións programadas cunha visión integral na procura da redución da sinistralidade laboral nun momento de profunda transformación do mundo do traballo e no impulso para avanzar na consolidación do benestar laboral.

Avaliación e seguimento

Da execución deste plan anual dáse conta con carácter trimestral no Consello Reitor do Issga e na memoria anual de actividades, que se publicará no ano 2025.

 

Data de aprobación do plan: 24/01/2024

Ligazóns relacionadas