Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas

O Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas ten por obxecto regular a implantación territorial das infraestruturas de estradas nos concellos do ámbito do estudo cando a súa incidencia transcenda do término municipal no que se localizan ou se asenten en varios termos municipais. O plan desenvolveuse segundo o disposto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo, que desenvolve a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

O Plan Sectorial da rede viaria de Ferrol aprobouse orixinalmente en 2002. Os obxectivos estratéxicos que perseguía o Plan eran mellorar a fluidez do tráfico e desconxestionar as vías saturadas, evitar o tránsito de vehículos pesados por vías urbanas de escasa capacidade e con abundante tráfico de axitación, facilitar o acceso ás zonas xeradoras de viaxes, permitir o desenvolvemento comarcal e mellorar a seguridade viaria. Para iso, proponse a execución de novos viais, transformando a rede radial nunha rede mallada que cubra as principais necesidades e deficiencias do sistema viario. 

Tras o transcurso dos anos e en base ás novas necesidades xurdidas no ámbito que abarcaba o plan, redáctase e se aproba a Modificación do Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares e Mugardos. O obxecto desta modificación foi obter unha óptima coordinación entre os instrumentos de planificación da rede viaria galega, incluíndo aquelas novas actuacións previstas pola administración autonómica no ámbito do plan.

Data de aprobación do plan: 16/06/2015

Documentos relacionados