Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada
O Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada ten por obxecto regular a implantación territorial das infraestruturas de estradas nos concellos do ámbito do estudo cando a súa incidencia transcenda do término municipal no que se localizan ou se asenten en varios termos municipais. O plan desenvolveuse segundo o disposto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo, que desenvolve a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.
O propósito principal deste Plan Sectorial é o establecemento dunha rede mallada na que as novas vías radiais de entrada á cidade permitirían dispoñer de accesos alternativos á Ría do Burgo. Pola súa banda, as vías anulares facilitarían o desenvolvemento e as relacións na área metropolitana e no acceso ás áreas industriais, residenciais e aos intercambiadores modais.
Data de aprobación do plan: 29/07/2004
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
-
Acordo do Consello da Xunta polo que se aproba definitivamente o Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada (DOG núm. 183 do 20 de setembro de 2004)
-
Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada (aprobado definitivamente o 29 de xullo de 2004)