Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo

O Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo ten por obxecto regular a implantación territorial das infraestruturas de estradas no ámbito do estudo cando a súa incidencia transcenda do término municipal no que se localizan ou se asenten en varios termos municipais. O plan desenvolveuse segundo o disposto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo, que desenvolve a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

O Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo establece principalmente dous tipos de propostas. O primeiro, céntrase na resolución dos problemas de tráfico nos accesos á cidade polo sur e o oeste, consecuencia do importante crecemento rexistrado nos municipios veciños, en especial Ames e Teo. O segundo consiste na definición e terminación dunha rede orbital que una as diferentes penetracións radiais á cidade, servindo como distribuidor do tráfico nos seus accesos, como colector para o tráfico local e como elemento de relación entre as grandes vías estruturantes de ámbito rexional.

Data de aprobación do plan: 24/07/2003