III Programa Galego de Muller e Ciencia 2021-2025

O III Programa Galego de Muller e Ciencia constitúe o piar para lograr un sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. 

O Programa inclúe 20 obxectivos específicos e 50 medidas para avanzar na incorporación das mulleres, en condicións de igualdade, ao ámbito científico e tecnolóxico. Todas elas artéllanse en torno a 4 eixes prioritarios. 

O primeiro busca dar visibilidade ás traballadoras nestes sectores, na idea de sensibilizar á sociedade, de impulsar o coñecemento de referentes femininas e de formar ao persoal docente para animar ás nenas na súa vocación. 

O segundo eixo pon o foco na igualdade no acceso e promoción das mulleres no ámbito da ciencia. 

O terceiro eixe diríxese ao traballo con institucións públicas e privadas, con medidas específicas como acordos para que conten con plans de igualdade, medidas antiacoso, axudas específicas para o coidado de menores e dependentes ou reforzo das iniciativas emprendedoras de mulleres en proxectos tecnolóxicos e científicos, en especial no medio rural. 

O cuarto eixe centrarase na vixilancia da situación das mulleres no eido da ciencia, mediante a avaliación periódica do grao de cumprimento do programa e dos seus indicadores.

Data de aprobación no Consello da Xunta: 9/6/2022