Estratexia de xestión do cancro en Galicia (2022-2028)

Este documento establece a visión e o plan de acción para enfrontar o reto do cancro nos próximos anos en Galicia.

Como documento estratéxico, inclúe un diagnóstico organizado do cancro con datos de situación en Galicia. Tamén describe os resultados finais que se pretenden lograr relacionados co cancro nas áreas de focalización priorizadas para intervir nesta comunidade autónoma no período 2022-2028. Como documento de xestión, describe unha batería de 65 intervencións para enfrontar o cancro en Galicia que incorporan innovación clínica, tecnolóxica, organizativa e de xestión. Tamén asegura recursos para a posta en marcha e ordena o avance nun proceso de implementación organizado en fases.

Este traballo desenvolveuse mediante o traballo de campo, entrevistas persoais e reunións presenciais.

Integra a voz de sociedades científicas galegas vinculadas ao cancro, a dos pacientes con cancro, a dos profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a da Consellería de Sanidade. É froito da escoita, traballo, debate e validación con diferentes persoas e equipos galegos.

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 20/10/2021