Plan de inspección Ecommerce do Instituto Galego de Consumo e da Competencia para o ano 2021

O Plan de inspección Ecommerce da Xunta de Galicia para o ano 2021 está dirixido a comprobar, a través da análise de inspección das páxinas web, o grao de cumprimento da legalidade vixente en materia de consumo.

As actuacións levaranse a cabo ao longo do ano 2021.

As comprobacións versarán sobre os seguintes aspectos:

a) Prezo por unidades de medida e se son completos, impostos incluídos.
b) Desistencia: prazo publicitado para o seu exercicio.
c) Gastos de devolución vinculados ao exercicio do dereito de desistencia, de ser o caso.
d) Control de cláusulas que limiten de forma abusiva a responsabilidade do/a empresario/a.
e) Verificar se figuran os datos de identificación do/a responsable: nome, CIF/NIF, teléfono, correo electrónico, enderezo completo.
f) Condicións das garantías, de ser o caso.
g) Xurisdición e sometemento aos tribunais correspondentes ao domicilio do/a consumidor/a.

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 16/2/2021

Data de publicación no DOG: 1/3/2021