Estratexia Galega para a Educación Dixital 2020 - Edudixital

Edudixital nace para dar resposta aos retos actuais e futuros que presenta a actual sociedade dixital, a través dun novo impulso á educación dixital.

A Estratexia Galega para a Educación Dixital 2020 - Edudixital ten os seguintes obxectivos xerais:

  • Afianzar a competencia dixital e científico-tecnolóxica: todo o alumnado de ensino obrigatorio ao finalizar a súa formación terá un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica.
  • Romper a fenda de xénero nos estudos STEM: aumentar o número de alumnas nos estudos STEM.

Data de aprobación: 14/9/2017