Plan de inspección urbanística para os anos 2020-2021

Este plan de inspección urbanística ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e de garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación da Axencia.

Os obxectivos principais do presente plan de inspección urbanística son:

  1. Promover o dereito dos cidadáns a un medio urbano e rural adecuado para o desenvolvemento da persoa, consonte o disposto no artigo 45 da Constitución, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (LC).
  2. Evitar que se leven a cabo obras, instalacións e usos que contraveñan a normativa urbanística.
  3. Colaborar activamente cos concellos de Galicia no obxectivo común de velar polo cumprimento da normativa e do planeamento urbanístico.

Os servizos da Axencia elaborarán mensualmente un informe da actividade seguida en execución do Plan de inspección, que remitirán á dirección da Axencia.

Data de aprobación: 20/2/2020