Plan anual da cooperación galega 2020

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9 que a cooperación galega articularase a través de plans directores e plans anuais. Os plans anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

O Plan Anual da Cooperación Galega 2020 foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 9 de xaneiro de 2020, tras a aprobación polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión do 25 de novembro de 2019.

É o instrumento anual para levar á práctica o Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento que se executará nos vindeiros anos 2018-2021.

O mencionado Plan recolle os compromisos, medios de actuación e recursos orzamentarios que o Goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2020, de acordo coas orientacións establecidas no IV Plan director da cooperación galega 2018-2021, e conta cunha dotación orzamentaria de 6.646.969 euros, o que representa un incremento dun 18,47% con respecto ao aprobado para 2019.

 

Data de actualización: 10/1/2020