Plan Estratéxico do Xacobeo 2021

Este plan, froito dun amplo proceso participativo para a súa elaboración, establece os eixes estratéxicos e os programas de acción cara ao Xacobeo 2021, evento singular e único que, poñendo en valor o Camiño e a cultura xacobea, vai vertebrar á sociedade galega e darlle visibilidade no exterior, incidindo positivamente nos desafíos que asume Galicia para a próxima década.

O plan céntrase en tres eixes estratéxicos:

  • A celebración: accións específicas e singulares propias do Xacobeo.
  • As persoas: os suxeitos principais e as persoas beneficiarias das accións que se porán en marcha.
  • Camiño: o espazo físico sobre o que transcorren as accións.

E en dous eixes transversais:

  • Soporte: que o Camiño sexa máis sostible e chegue nas mellores condicións ao Horizonte 2027.
  • Acollida: a cidade de Santiago de Compostela.

 

Data de actualización: 7/8/2019

Ligazóns relacionadas