Plan de actividades 2019 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do ISSGA nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo), así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do terceiro ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

A estrutura do plan realízase nos seguintes eixos, e cada un deles ten unha serie de fichas de actividade que concretan as actuacións anuais a desenvolver. Cada ficha vincúlase á execución da estratexia:

1. Transversalidade
2. Observatorio
3. Investigación
4. Asesoramento técnico e actuacións de coordinación e colaboración
5. Promoción da prevención e redución da sinistralidade
6. Formación e sensibilización
7. Mellora continua

Data de aprobación: 14/12/2018