Plan de software libre 2016

No presente documento amósanse as iniciativas en materia de Software Libre levadas a cabo para realizar unha xestión eficiente. 

A Amtega continua mantendo a súa aposta polo uso do Software Libre plasmada no plan de acción en software libre 2016 cos seguintes eixos de actuación principais:

  • Fomento da reutilización do software na administración pública.
  • Impulso dunha oferta de solucións baseadas en software libre dirixida ás empresas.
  • Achegamento do software libre ao conxunto da sociedade.

En torno a estes eixos defínense unha serie de actuacións, que como vén sendo habitual desenvolveranse a través da colaboración cos distintos axentes do ecosistema do software libre galegos (Asociacións de Usuarios de Software Libre, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, as tres Universidades Galegas ou os colexios profesionais) o que permite xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora.

Data de actualización: 21/12/2017

Ligazóns relacionadas