Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017

Apróbase o Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía en Galicia para o ano 2017, que recolle as inspeccións a realizar, divididas en sete programas.

O obxecto do plan de inspección será na parte de seguridade industrial o de comprobar a adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións e actividades respecto dun ou varios dos regulamentos de seguridade e normativa que lles sexan aplicables.

O obxecto do plan de inspección na parte de metroloxía será a comprobación de que os reparadores que presentaron a súa declaración responsable cumpren os requisitos legal e regulamentariamente esixidos, velar pola correcta utilización do Sistema Legal de Unidades de Medida e polo cumprimento das normas relativas ás cantidades nominais para produtos introducidos en envases, coñecidos como preenvasados.

O Plan de Inspección 2017 está composto por sete programas. Os cinco primeiros corresponden ao ámbito da seguridade industrial, e os dous seguintes ao da metroloxía.
 

Data de actualización: 1/8/2017