Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico de Galicia 2015-2020

Unha das iniciativas emblemáticas da Unión Europea no horizonte do ano 2020 baséase nun emprego máis eficaz dos recursos que permita acadar unha economía máis eficiente, desligando o crecemento económico do uso intensivo de recursos e de enerxía, reducindo as emisións de CO2, reforzando a competitividade e promovendo unha maior seguridade enerxética.

Un dos obxectivos marcados na Estratexia Europa 2020: Unha estratexia para un crecemento intelixente, sostible e integrador consiste en acadar o 20/20/20 en materia de clima e enerxía, é dicir, reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro polo menos nun 20 % en comparación cos niveis de 1990, ou nun 30% se se dan as condicións axeitadas; incrementar nun 20% a porcentaxe das fontes de enerxía renovable no consumo final de enerxía e mellorar nun 20% a eficiencia enerxética en dito consumo.

O sector público, tanto a nivel nacional, rexional como local, debe ser un exemplo para o resto de sectores no eido da eficiencia enerxética, polo que os organismos públicos promoverán:

Plans de eficiencia enerxética, independentes ou dentro de plans medioambientais ou climáticos máis amplos, que prevexan obxectivos e accións de aforro de enerxía e eficiencia enerxética específicos.
Sistemas de xestión enerxética que inclúan auditorías enerxéticas dentro da aplicación dos seus plans.
Implicar, cando corresponda, as empresas de servizos enerxéticos, a través de contratos de rendemento enerxético, para financiar as renovacións e executar os plans para manter ou mellorar a eficiencia enerxética a longo prazo.
 

Data de actualización: 7/12/2015